25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

64

Defendendo os nosos dereitos, Donas das nosas decisións.“Violencia física ou psicolóxica exercida contra calquera persoa sobre a base do su sexo ou xénero que impacta de xeito negativo a súa identidade e benestar social, físico e/ou psicolóxico”. Así é como as Nacións Unidas define a violencia de xénero e o Comité para a eliminación da Discriminación contra a Muller completa engadíndolle “todos aqueles actos que causan sufrimento, dano, ameazas, coerción ou outra privación de liberdades”.

Dende sempre as mulleres padecemos a violencia propia do sistema capitalista patriarcal, unha violencia na maior parte das ocasións sutil, pero noutras amosa a súa faciana máis terrorífica acabando coa vida daquelas que a sofren. Son demasiadas as mortes que se conta nas sùas mans. Mesmo unha soa serìan moitas. É obrigado despreciala e rexeitala alá onde se produza, pero tamén é obrigado para unha Central Sindical como a nosa, de clase e feminista sinalala e combatela naquelas manifestaciòns que poidan pasar máis desapercibidas.Os recortes en preveciòn, en cumprimento das ordes de alonxamento, nas casas refuxio, en recursos para casos de emerxecia son violecia que o propio estado exerce contra as mulleres, seguindo a definiciòn da ONU. Pero tamén o son os recortes nas pensiòns, na sanidade, na educaciòn ou na lei de dependecia, distintos salarios para igual traballo, o acoso laboral, a dupla xornada, non deixarnos decidir sobre o nosos corpos e moitas outras inxustizas propias do sistema capitalista – patriarcal que debemos erradicar e faremos desaparecer ao tempo que derrubamos un sistema que se descubreu incapaz de xerar xustiza para toda a humanidade.Debemos estar na rùa mulleres e homes, partes da mesma clase, do mesmo substrato explotado conscientes de que a loita é a mesma, para defender os nosos dereitos como galegas, como mulleres e como traballadoras. Enfrontando cada unha das moitas agresiòns que dìa a dìa sufrimos.Para que escoiten a nosa voz, este 25 de Novembro, a Central Unitaria de Traballadoras chama à participaciòn, en todas as acciòns que se leven a cabo ao longo de toda a xeografìa do noso pais para conmemorar a memoria das irmás Mirabal.
Viva a loita da clase obreira!!!!Viva a loita feminista!!!!

Convocatorias para hoxe:Compostela: 20.30h Praza do Toural – Compostela – CONCENTRACIÓNFerrolterra: 20.00h Praza do Concello – Ferrolterra – CONCENTRACIÓNOurense: 20.30h Praza de Santa Eufemia (esquina rúa da Paz) – CONCENTRACIÓNVigo: 20.00h Farola de Urzáis – Vigo – MANIFESTACIÓN