A CUT apoia a convocatoria da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

A CUT apoia a convocatoria da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

41

sta ás agresións ao dereito das mulleres a controlar o seu dereito á reprodución, subscribimos plenamente o texto da convocatoria desta plataforma que reproducimos máis abaixo:
ABORTO LIBRE E GRATUÍTOAs mulleres decidimos!Estamos a vivir nunha situación na que as mulleres vemos como os nosos Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos están a ser atacados, e no que non se nos deixa decidir sobre o noso corpo.Hoxe a loita feminista cobra moita máis importancia non só para combater as políticas de cortes da dereita, mas tamén na defensa das nosas liberdades, de ser nais ou de non o sermos, de ter dereito a un aborto libre, gratuíto e na sanidade pública.O cambio lexislativo anunciado polo Ministro de Xustiza Alberto Ruiz Gallardón en materia de Interrupción Voluntaria da Gravidez devolveranos máis atrás de 1985 coa volta a un sistema de supostos.Nin a Plataforma Galega polo Dereito ao aborto nin as mulleres en xeral estamos dispostas a asumir ese retroceso e exiximos:

  • O non á contrarreforma da Lei de aborto que quer acometer o Goberno do PP
  • O dereito de todas as mulleres a decidir sobre a súa gravidez, incluindo as mulleres novas e as mulleres migrantes. Porque a liberdade de ser nai pasa pola liberdade de non o ser
  • A Interrupción Voluntaria da Gravidez (IVG) fóra do Código penal
  • A garantía e un aborto libre e gratuíto na rede sanitaria pública
  • A regulación da obxección de conciencia

Por todo isto facemos un chamado a participar en todas as accións que se convoaren desde a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, en especial a concentrármonos diante dos Concellos de todo o país ás 19h. o mesmo día en que se faga pública a aprobación por parte do Consello de Ministrxs da contrareforma.Aborto libre e gratuíto na sanidade pública: é a decisión da muller!Nós parimos, nós decidimos!