Nace AMES, Iniciativa para a promoción cooperativa no Morrazo

Nace AMES, Iniciativa para a promoción cooperativa no Morrazo

29

O próximo xoves 27 de xuño, presentarase en Cangas a asociación AMES, Ateneo do Morrazo de Economía Social. Un grupo de homes e mulleres dos cinco concellos da comarca do Morrazo, despois do traballo en común durante dous meses, acordaron constituir AMES, cuia finalidade será a promoción e a coordinación da economía social na bisbarra.O concepto de economía social para AMES, vai vinculado a necesidade da percura dunha alternativa á economía capitalista na praxes. Así xa se teñen iniciado proxectos concretos neste eido: hortos comunais, grupos de consumo, e está en marcha algún que outro proxecto cooperativo. Asimesmo forma parte dos obxectivos deste Ateneo, a promoción da producción e consumo local , a reciclaxe, a promoción das enerxías alternativas e a defensa dos bens comúns.

Xa desde agora, calquera interesado pódese poñer en contacto co Ateneo a través do blogue:

http://ateneomorrazo.worpress.com