A igualdade é un ben de primeira necesidade

A igualdade é un ben de primeira necesidade

47

Sinalar á responsabilidade duns gobernos que restrinxen e privatizan os servizos públicos, amparan e/ou practican a corrupción, pagando con cartos públicos débedas alleas, empuxándonos á exclusión social, á pobreza e á miseria, cando non ao suicidio.Declararnos en rebeldía perante un sistema que nos agrede e explota continuamente.As mulleres galegas seguimos en loita polos nosos dereitos e imos respostar nas rúas os recortes sociais e a violencia que nos está a roubar o dereito a unha vida digna e plena, con autonomía e soberanía sobre nós mesmas. Convidamos pois a toda a afiliación a participar da manifestación nacional que terá lugar o vindeiro 9 de marzo ás 12:30hs desde a estación de tren de Compostela.Trataremos de que sexa unha mobilización como a do ano pasado, con moito colorido, creatividade e combatividade. Porque a alegría é revolucionaria!AQUÍ podedes ler o manifesto.A crise patriarcal que a pague o capital!