HORARIOS PARA O 14N EN COMPOSTELA

HORARIOS PARA O 14N EN COMPOSTELA

24

Este 14N a CNT e a CUT, xunto a diferentes asembleas e colectivos sociais composteláns, convocan mobilización propia para as 18 horas con saída da Alameda. Esta manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela cunha mensaxe marcadamente anticapitalista que dará continuidade aos piquetes e pasarrúas da mañá procurando converter a folga xeral nunha xornada de loita 24 horas, sen oco para o acomodamento e ritualización das reivindicacións. Lembramos os horarios dos actos apoiados pola CUT este 14N:

  • ás 12:00, bloque crítico na manifestación central que partirá da Praza Roxa. O bloque crítico ten como punto de quedada a confluencia entra Praza Roxa e San Pedro de Mezonzo.
  • ás 14:00, xantar popular aberto no palco da música da Alameda. Lembrade que a folga xeral atinxe tamén ao traballo no fogar e ao consumo enerxético e de mercadorías.
  • ás 18:00, manifestación do sindicalismo alternativo (CNT e CUT) co apoio de colectivos sociais da cidade.