ROLDA DE PRENSA SOBRE O 1º DE MAIO

ROLDA DE PRENSA SOBRE O 1º DE MAIO

14

Hoxe tivo lugar en Vigo, unha rolda de prensa para facer públicos os contidos da convocatoria da manifestación unitaria do 1º de Maio, que se celebrará en Vigo, polos sindicatos; CUT, CGT, SF, STEG e CGT e que levará como lema “CONTRA A EUROPA DO CAPITAL, FOLGA XERAL”. Dita manifestación comezará ás 11 da mañá desde a praza de Fernando o Católico, e rematará na Porta do Sol.Estiveron presentes na rolda de prensa; Manolo Camaño pola CUT, Merche Alonso do STEG, Manuel Pardiñas da CGT, Hector Pérez da CNT e Xulio Díaz do SF. Para os sindicatos convocantes, este 1º de Maio ten que supoñer a continuidade da ríada humana da pasada Folga Xeral do 29 de marzo.Nesta rolda de prensa denunciaron as políticas de sometemento do Goberno á UE, que está levando ó sacrificio dos dereitos laborais e sociais para a clase traballadora e os sectores populares. Nese sentido cobra actualidade o desmantelamento, chamados recortes da sanidade e do ensino, así como o proxecto de reforma do código penal destinado a amedrentar o movemento reivindicativo da clase traballadora.Dixeron, que o éxito da pasada Folga Xeral do 29 de marzo, demostrou que a clase traballadora e os sectores populares están dispostos a saír á rúa. Aínda que desde o réxime levan anos intentando narcotizar ó pobo, antes ofertándonos espellismos e agora metendo o medo, a maioría social non traga, nin tragará coas receitas do Goberno, que nos venden como solución á crise que eles mesmos crearon.

Os sindicatos convocantes xa dixeron alto e claro que, a Folga Xeral só sería o primeiro paso para pararlle os pes a quen quere levarnos ó escravismo. Xa dixeron que a Folga Xeral por si soa non botaría abaixo a Reforma Laboral e que esta non sería a única agresión ós traballador@s, virían máis. Efectivamente, pasada a axenda electoral autonómica, xa temos enriba da mesa os recortes na sanidade e no ensino. Temos tamén a modificación do código penal para reprimir aínda máis a quen se mova. E falan dunha amnistía fiscal para os ricos, que evidentemente non ía ser para os pobres.Os sindicatos presentes suliñaron a necesidade da convocatoria dunha segunda Folga Xeral, como un peldaño máis na toma de conciencia das masas traballadoras, para frear as políticas agresivas e antipopulares do Goberno do PP. Asimesmo demandaron a necesidade de aglutinar a clase traballadora e os sectores populares conscientes para, organizados dar unha resposta de calidade que camiñe a outro modelo social e económico.O actual sistema só pode salvarse do actual colapso a costa dos traballador@s e dos sectores populares, como?, converténdonos en escravos, desmantelando a sanidade e o ensino, privatizando todo o público e eliminando ou recortando toda protección social: pensións, baixas de enfermedade, desemprego, etc. Se isto non fora suficiente, van incrementar a presión fiscal e  logo subirán os prezos dos bens de consumo básicos, ate extremos insoportabeis para a maioría social. Eles, os banqueiros, os borbóns, a clase política corrupta non devolverán o roubado. Por iso seguimos dicindo que outro sistema é posible.Durante os quince últimos días os sindicatos; CUT, CGT, SF-IN, STEG e CNT, levan desenvolvido unha intensa campaña informativa en toda a bisbarra de Vigo, destinada a chamar ós traballador@s a participar na manifestación que partirá ás 11 da mañá da Praza de Fernando o Católico. Pancartas, carteis, asambleas, follas informativas e o reparto masivo dun Manifesto.