O DÍA 21 COA SANIDADE PÚBLICA

O DÍA 21 COA SANIDADE PÚBLICA

24

A CUT secundará a manifestación convocada para este domingo en Compostela en defensa da sanidade pública. Vimos denunciando, dende hai meses, a política de privatización progresiva dos servizos públicos feita dende a Xunta e dende o goberno imperialista español. Estas privatizacións forman parte da nova fase na que ten entrado o capitalismo, condicionada polo seu quebramento sen volta atrás. O sistema está roto e precisa de todos os recursos para continuar existindo, estas privatizacións camiñan no mesmo horizonte que as reformas laborais da precariedade absoluta.Secundamos pois esta manifestación pero deixamos ben claro que a nosa é unha defensa de clase, pois sabemos que a esta manifestación iran, tras pancartas de deseño, políticos do PSOE que lexislaron para que esta privatización fora posíbel. Nós non estamos no mesmo barco ca eles. Se queren defender a sanidade pública non teñen máis que derogar a Lei 15/97 que aprobaron xunto co PP, CIU, PNV e CC no ano 1997, Lei que permite a privatización inspirada no modelo Thatcher consolidado polo “socialista” Blair. Non imos facerlle o xogo electoral a estes cínicos que só xestionan os cartos do capital lexislando cando e o que lles mandan.A CUT reclama que aqueles políticos que din defender o sector público dean un paso adiante non na manifestación, senón nos foros que eles inventaron para facer da democracia unha máquina contra os nosos intereses. Estaremos vixiantes fronte a esta privatización e fronte as outras que xa están en marcha como a da educación.