Ricardo Castro, novo Secretario Xeral da CUT

Ricardo Castro, novo Secretario Xeral da CUT

156

O IV Congreso da CUT celebrado no día de onte en Cangas do Morrazo, elixiu a Ricardo Castro, da Unión Comarcal de Vigo, como novo Secretario Xeral para os vindeiros catro anos, en substitución do compañeiro Manolo Camaño, que seguirá formando parte da Executiva Nacional.Así mesmo, durante o Congreso foi elixida a nova Executiva Nacional do Sindicato, da que forman parte ademais de Ricardo Castro e Manolo Camaño, as compañeiras Maruchi Álvarez, Ana Olveira e o compañeiro Manolo Besteiro.O Congreso da CUT, ó que asistiron delegacións de LAB (Euskal Herría), CSI (Asturies), STC (Córcega), PEO (Chipre), así como da FSM, definiu tamén as directrices político-sindicais para os vindeiros anos e elixiu á súa Comisión de Garantías.