1º NÚMERO DO ACORDA, VOCEIRO DE CUT-MOCIDADE

70

Xa está na rúa o número 1 do Acorda!, voceiro do grupo de mocidade da nosa central sindical.Coa distribución deste novo pasquín, na CUT procuramos chamar á mobilización de xeito máis directo ás mozas e aos mozos que estudan, traballan ou simplemente sofren as consecuencias da crise sistémica no noso país. O pasado 29 de marzo serviu de exemplo clarificador a respecto da implicación e responsabilidade da mocidade galega na loita obreira. Este esforzo ten que ser continuado e aproveitado para comezar a darlle a volta ao contexto actual.Podedes ler o voceiro na seguinte ligazón ou descargalo directamente premendo nestoutra.