1º de Maio: Nós somos máis, voltea a pirámide

86

A loita de clases hoxe é máis evidente que nunca. Nos últimos vinte anos, só uns poucos, acusados de estar ancorados no pasado, eramos os e as que mantiñamos ese discurso nas nosas linguas.A clase dominante (segue a ser a burguesía aínda que a palabra pareza desterrada) mantiña un discurso público na liña contraria: a loita de clases morreu, todos e todas somos clase media, estamos no mesmo barco. Ao tempo, dende finais da década dos anos 70 do pasado século, tomaba todas as medidas necesarias para desartellar o movemento sindical de masas, eliminar o contido de clase nos partidos ata ese momento de esquerdas, para eliminar o pensamento da política convertendo os parlamentos en teatros onde levan a escena a farsa da súa democracia.
Este modo de actuar chamouse neoliberalismo, e nos seus laboratorios de pensamento (fundamentalmente a Escola de Chicago) sabían que as medidas económicas que estaban a tomar beneficiarían a un cada vez máis reducido número de homes e mulleres, pudendo levar á contestación social, e por iso desartellaron a nosa clase social con ataques ideolóxicos e cartos colocados nos petos dos grandes sindicatos e partidos de esquerdas.
Estamos no ano 2013 e os recortes xa forman parte da nosa rutina diaria, o paro aumenta progresivamente, os nosos dereitos –conseguidos tras anos de loita a ferro e sangue- son borrados coma lápiz sobre papel, o sentido dos sindicatos é reducido ao anecdótico, a discriminación de xénero volve a niveis decimonónicos… e así poderiamos seguir ata o infinito.Dende a CUT estamos convencidos e convencidas que a situación só podemos mudala nós, recuperando o orgullo de clase, a solidariedade. Nós creando espazos comúns de loita esquecendo as canles políticas e sindicais oficiais e servís, nós imaxinando outro mundo posíbel e creando focos de resistencia activa.Este 1º de maio debemos traballalo coma unha xornada de loita e reflexión, unha xornada onde recoñecérmonos coma elemento protagónico da historia. Porque nós somos máis, voltearemos a pirámide.VIVA A CLASE OBREIRA GALEGA, VIVA O 1º DE MAIO!!!