A CUT volve saír as rúas o xoves 16 de decembro, será ás 20 horas dende a Praza de Fernando El Católico en Vigo. A finalidade desta nova manifestación é continuar coas mobilizacións que levamos facendo os dous últimos anos contra as reformas do capitalismo e os seus servos políticos sexan da cor que sexan.A socialdemocracia está a precarizar as condicións laborais e as nosas vidas, acelerada e progresivamente, sen que atopen unha contestación contundente pola nosa parte. A nosa intención non é outra que acumular forzas de cara a esta contestación necesaria máis que nunca. Non podemos continuar á espectativa, a clase traballadora galega xa demostrou o 29 de setembro que ten forza e ánimo de loita, este momento histórico vai marcar quen está escoitando a súa voz e quen para servir aos que nos oprimen. Que cada quen elixa.A seguir tendes o manifesto que a CUT elaborou para este 16 de decembro. <!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>
A Folga Xeral do 29 de setembro foi ben clarificadora, dunha banda a clase obreira galega demostrou estar dous pasos por diante dos sindicatos, e pola outra o sindicalismo oficial -os que o son dende hai trinta anos e os que agora levan ese camiño- fíxonos ver que van dar as costas ao proletariado.
A CUT, nas súas análises político-sindicais feitas dende o ano 2007, e sobre todo dende o mesmo día 29, é sabedora de que só a mobilización permanente é a solución para reverter esta sítuación de explotación e precariedade progresivas. Dende o día 30 de setembro comezamos unha nova campaña, como consecuencia lóxica da anterior, destinanda a lograr este obxectivo de mudar a realidade. A nova campaña leva por lenda unha pregunta, E AGORA QUE?, e tamén unha resposta: MOBILIZACIÓN PERMANENTE.
Neste contexto iniciamos unha nova rolda de contactos que nos levaron a chamar a porta do sindicalismo nacionalista maoiritario, pero novamente ficamos sen resposta algunha.
No seu discurso de «prensa» falan de mobilizacións e acumulacións de forzas, pero eles, que teñen a capacidade e a obriga de convocar unha nova folga xeral en Galicia só queren acumular forzas co sindicalismo españolista e pactista, quedando ben claro que renuncian á idiosincrasia, á identidade da clase obreira galega; quendando ben claro que priman os seus intereses como sindicato sobre os intereses de clase.
O paro segue a medrar en Galicia por riba da media estatal, as políticas neoliberais ordenadas dende os organismos do capital son obecidas polos seus xestores chamados políticos, este sistema podre que chaman democracia estanos a afogar. Neste contexto só podemos optar por situarnos co inimigo ou contra del. Na CUT sabemos cal é o noso lado da barricada, e dende el traballaremos sen descanso para sumar forzas e esforzos.
O 16 de decembro estaremos de novo nas rúas para convertir o pequeno en grande, e detras desta mobilización virá outra e outra ata chegar ás mil folgas xerais que muden a negra realidade capitalista. Imos contra a historia que non é nosa.