15-O Folga xeral: “Parar. Parar o xenocidio”

424

A CUT vén de convocar FOLGA XERAL O DÍA 15 DE OUTUBRO, e fixémolo porque entendemos que o pobo galego demanda un salto cualitativo de acción popular contra o xenocidio en Palestina. Dende o inicio desta masacre houbo moitas concentracións e mobilizacións de carácter civil e popular e outras convocadas por siglas concretas ás que se sumaba xente de diversas organizacións, entre elas a CUT, pondo por diante que o xenocidio en PALESTINA non é cousa de bandeiras, cordóns de seguridade, pegatinas ou culto a individualidades.

” A nosa convocatoria é un xeito de pór unha ferramenta ao servizo da clase traballadora e da sociedade civil para mostrar que non imos ficar caladas e calados. Non queremos liderar nada, nós faremos, dende as nosas posibilidades, o preciso para que a FOLGA XERAL sexa un berro de dignidade. “

                     A situación actual, ao noso entender, e despois da lección dada polo pobo galego na volta ciclista, demanda un paso máis, non chega con cumprir o expediente convocando paros simbólicos. Toca trasladar unha mensaxe contundente a quen nos goberna de que non imos transixir coa barbarie, o pobo galego non.

                     A nosa convocatoria é un xeito de pór unha ferramenta ao servizo da clase traballadora e da sociedade civil para mostrar que non imos ficar caladas e calados. Non queremos liderar nada, nós faremos, dende as nosas posibilidades, o preciso para que a FOLGA XERAL sexa un berro de dignidade.  Dende o momento no que fixemos a convocatoria as nosas siglas xa non importan e desaparecen, a convocatoria debe ser popular.