15-D: Polo futuro de Galiza, Altri NON

227

Dende o Secretariado Político do sindicato queremos pór a atención da afiliación na dramática situación que está a vivir Galiza. Os gobernos do Partido Popular, unido á incapacidade da oposición, están a levar ao noso país á súa práctica desaparición.

A lingua, que no noso caso se identifica coa lingua da clase traballadora, está sendo extirpada pola vía do colonialismo españolista.

O resto dos nosos sectores produtivos, xa defenestrados no seu día coas políticas fratricidas da UE, corren o risco da desaparición porque a nosa terra se converteu nun ermo onde experimentar, explotar e alimentar a sede do capital.

Quen goberna na Xunta non ten outro fin que contentar aos seus amos (España e o Capital), e actúan coma se Galiza fose da súa propiedade, unha mercadoría coa que poden facer o que lles pete. Nós, o pobo traballador, non somos máis que peóns totalmente prescindibles, somos un pobo de seres continxentes.

O domingo 15 DE DECEMBRO hai unha manifestación en COMPOSTELA contra a instalación do macroproxecto de ALTRI. A nosa obriga é estar alí, pór os nosos corpos e a nosa forza para dicir que non imos aturar máis esta situación.

Dende a CUT facemos un chamamento á participación masiva das nosa afiliación, levando con nós as nosas siglas e bandeiras para que todo o mundo teña ben claro no lado que nos situamos.”

Dende a CUT facemos un chamamento á participación masiva das nosa afiliación, levando con nós as nosas siglas e bandeiras para que todo o mundo teña ben claro no lado que nos situamos. Esta batalla vai ser determinante, non se trata só da comarca da ULLOA, trátase de berrar ben alto que temos DIGNIDADE, que somos un pobo que defenderá o seu.

Xogámonos o futuro de Galiza, xogámonos respectar o legado de homes e mulleres que loitaron por esta terra e xogámonos o futuro dos que virán tras de nós.”

O día 15 xogámonos o futuro. Ou pechamos a porta da barbarie ou teremos a responsabilidade histórica de terlle aberto o galiñeiro ao lobo.

Xogámonos o futuro de Galiza, xogámonos respectar o legado de homes e mulleres que loitaron por esta terra e xogámonos o futuro dos que virán tras de nós.

A CUT DEBE ESTAR EN COMPOSTELA O DÍA 15 DE DECEMBRO. NON HAI ESCUSA.