14N. UNHA FOLGA CONTRA A HISTORIA

102

Como non podería ser doutro xeito, en Galicia a Folga Xeral do pasado 14 de novembro foi seguida claramente pola clase traballadora. A pesares da confusión, a pesares do retraso na convocatoria por parte das corporacións sindicais, a resposta da clase traballadora e dos sectores populares foi masiva. Unha vez máis evidenciouse que a xustificación reacionaria da maioría sindical, esa que di: “os traballadores e traballadoras non se moven”, é unha falacia.A general strike anunciada por Fernández Toxo e quen lle fixeron o coro, ao final resultou o fiasco previsto. Houbo Folga Xeral en Portugal e no Estado Español, e accións de apoio vía CES en Italia e Grecia. Efectivamente, esta convocatoria non sería posible se a CGTP-IN non dera o paso adiante obrigando ás corporacións sindicais españolas a convocala tamén no estado, aínda que enmascarándoa nunha suposta folga xeral europea.Efectivamente o seguimento en Galicia foi maioritario e as manifestacións celebradas en toda a xeografía galega, foron unha maré humana. Todas sen exclusión, por suposto as convocadas polas corporacións sindicais en aras dunha “unidade” que está por explicar, e tamén aquelas promovidas pola CUT e o conxunto sindicalismo alternativo. Para mostra, as mobilizacións en Vigo e Coruña, e mesmo as celebradas ben entrada a noite en Compostela e Cangas. Ora ben, pasada esta Folga Xeral, como temos dito desde a CUT noutras ocasións: E agora que?Para o sindicalismo de clase a Folga é o instrumento de loita máis importante. Pero a Folga ten que ser útil, ten que ser un exercicio para avanzar ou do contrario converterase nun búmerang contra a propia clase traballadora. A Folga, ten que conter claves estratéxicas, sobre todo cando esta ten un marcado matiz político como a do 14-N, pero desde o punto de vista táctico ten que afortalar e cohesionar á clase traballadora facendo posible conquistas aínda que pequenas, que xeneren pedagoxía e fagan que o movemento obreiro teña unha inercia crecente.Aquí está a cuestión: aínda partindo da premisa que a única loita que se perde é a que non se da, está por ver se esta Folga vai servir para algo ou do contrario significará unha nova fustración para a clase traballadora e os sectores populares que sofren o embate capitalista. Polo de pronto o Sr. Toxo di que “sería una irresponsabilidad hablar de una tercera huelga general”. E que, este señor garante a marcha atrás nas políticas do PP-PSOE de asalto ós dereitos da clase traballadora? Non.É responsabilidade do sindicalismo de clase xestionar o éxito desta Folga Xeral. De non facelo contribuiríamos á desazón e a fustración de amplas masas traballadoras que participaron con ilusión nesta convocatoria. Non foi un antoxo nin casual que a posición da CUT no 14-N fose ir á Folga Xeral pero non nos cortellos da chamada “unidade sindical maioritaria”. O futuro, a curto ou medio prazo será o encargado, falando de pedagoxía, de explicar na práctica a coherencia e a incoherencia ao respeito deste 14-N, máis alá do incustionable éxito recente da clase traballadora.Agradecemos, ben así, o traballo permanente das compañeiras de GalizaContrainfo de cobertura das mobilizacións do sindicalismo combativo.Video Vigo [aquí]. Video A Coruña [aquí]. Video Compostela [aquí]. Video Cangas [aquí].