11M CHEGA AOS CENTROS DE TRABALLO

57

A Secretaría das Mulleres da CUT comezou nesta semana a desenvolver a campaña de difusión e debate nos centros de traballo ao redor da convocatoria do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras. Esta campaña concluirá coa mobilización nacional “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos” o vindeiro 11 de marzo, ás 12 horas, dende a Estación de Trens compostelá.A campaña de información e mobilización, que reforzará especialmente a intervención en chave de xénero nos centros máis feminizados, está a se centrar na denuncia e debate activo ao redor do conxunto de agresións que as mulleres estamos a sufrir no actual contexto de crise do Capital. Foron xa e polo de agora, varias as asembleas de traballadoras nas que a CUT ten presenza, as que están a participar activamente neste proceso de debate no que a necesidade da toma activa das rúas é unha conclusión compartida unanimemente.Como denunciamos no documento que esta Secretaría distribuíu: pretenden controlar o noso corpo e as nosas vidas, volvendo a unha práctica que non é nova: en tempos de crise, as mulleres de volta ao interior dos fogares, a ocuparse do traballo domestico e dos coidados mentres o conxunto da sociedade desenténdese e o estado desmantela servizos públicos. Xa está ben! As mulleres non imos pagar unha vez máis as consecuencias da crise capitalista.Por iso, o centro desta resposta seguirá a estar nos centros de traballo e máis na rúa.