Neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, saímos unha vez máis á rúa en Vigo para lembrar que a clase traballadora non vai permitir que a historia se repita, que o asasinato de Daniel e Amador non foi en balde, que loitaremos sen tregua contra o fascismo.

54 anos despois dunha das prácticas da barbarie fascista atopámonos de novo cunha situación semellante á de 1972, co fascismo, o capitalismo e o imperialismo intentando derrubar os muros da democracia e os nosos dereitos sen máscaras nin filtros.

Temos unha oportunidade e responsabilidade histórica para non permitir que a barbarie se repita. Somos a clase traballadora quen debe armarse e tomar conciencia e medidas contra o que vén: na rúa, nos centros de traballo e no corpo a corpo, sen dar tregua ao inimigo.

Cada día debe ser para nós 10 de marzo, unha oportunidade para defender o conquistado e salvagardar o legado de Daniel e Amador. Cada día será un día de loita.
Ou eles ou nós.












