10 de marzo: sen tregua contra o fascismo

227

Levamos dende o ano 1972 lembrando o asasinato de Daniel e Amador, e dicimos lembrando intencionadamente, baixo a acepción de ter na memoria un momento determinado. Velaí o noso erro, a nosa falta de respecto á historia.

            Pasados cincuenta e catro anos dunha das prácticas da barbarie fascista volvemos atoparnos cunha situación moi semellante, e disto non lle podemos botar as culpas máis que a nós, á clase traballadora que mercou o relato da transición, dando por  sistema democrático o depósito dun voto cada catro anos para elixir quen xestiona o capitalismo. Enleámonos na lameira creada polas clases dominantes: medios de comunicación,  redes sociais, marcos negociadores en salóns minimalistas (ou non), en intentar demostrar á patronal que nós tamén sabemos de leis e en canta leira creada polo sistema para sacarnos da rúa e da nosa responsabilidade histórica de clase.

Estivemos lembrando o 72 pero non fixemos memoria del, non seguimos a máxima marxista de que a historia é un factor de repetición, primeiro como traxedia e despois como farsa. E aí estamos.”

            Estivemos lembrando o 72 pero non fixemos memoria del, non seguimos a máxima marxista de que a historia é un factor de repetición, primeiro como traxedia e despois como farsa. E aí estamos, na farsa que rememora os anos trinta do século vinte cun novo imperialismo desatado e o fascismo filtrando os poros do seu santo sistema democrático e pensando en como asfixialo. Os EEUU, sempre imperialistas goberne quen goberne, asumiron o papel (salvando as distancias) da Alemaña nazi mudando xudeus por inmigrantes, mudando a “Noite dos cristais rotos” pola “Noite de Mineápolis”, mudando a anexión de Austria polo secuestro de Maduro, e aplicando a Cuba as posteriores tácticas de Henry Kissinger antes de dar o golpe de estado no Chile socialista de Allende no ano 1973.

Temos xa o fascismo enriba de nós e medrando grazas a que a clase traballadora asume os seus postulados, cada quen deberá facer a reflexión pertinente sobre a súa carga de culpa, pero do que non podemos escapar é de tomar medidas contra o que vén.”

            Temos xa o fascismo enriba de nós e medrando grazas a que a clase traballadora asume os seus postulados, cada quen deberá facer a reflexión pertinente sobre a súa carga de culpa, pero do que non podemos escapar é de tomar medidas contra o que vén. O único xeito de afrontalo vai ser a rúa, a contestación contundente e conflitiva, o corpo a corpo cos inimigos aos que deixamos saír da súa toba pola nosa insistencia, programada ou non, en minar a conciencia de clase con paraísos de reivindicacións que xamais serán posibles baixo o amparo do capital.

            Este manifesto do 10 de marzo non vai ser unha epístola que incida en lembrar un momento conxelado no tempo, este manifesto pretende ser unha desculpa por ter deixado de facer memoria das causas e das consecuencias.Queremos rectificar non ter sabido salvagardar o significado e aquilo que simbolizan Daniel e Amador. Pasou o vago instante da lembranza para dar pé á memoria activa da loita.

            Os tempos son chegados, eles ou nós.