10 de Marzo: manifestación nacional en Vigo

429

O vindeiro 10 de marzo, que este ano cadra en martes, a CUT conmemorará o Día da Clase Obreira Galega cunha manifestación nacional que percorrerá as rúas de Vigo baixo o lema Conciencia de clase e nacional na loita sindical. A manifestación partirá ás 19:30 horas do Cruce da Vía Norte. Pola memoria dos nosos, por Amador e Daniel, asasinados pola policía franquista en Ferrol en 1972 por defender os dereitos laborais e as liberdades de todos e todas!