10 de marzo: conciencia contra a apariencia de clase

255

O 10 de marzo de 1972 as rúas galegas foron testemuña do motor da historia, a loita de clases. Cincuenta e tres anos despois esa historia serve para establecer claramente a diferenza entre ser clase traballadora ou aparentar ser clase traballadora.

Para ser clase traballadora é imprescindible ter a conciencia de selo; e a conciencia de clase non ten que ver co problema concreto do meu traballo, coa miña conciliación ou coa miña nómina. A conciencia de clase é o todo común que nos constrúe coma individuos. Pola contra, a apariencia de clase non é máis que a utilización do colectivo para o medre individual, o medre dunhas siglas ou acadar intereses que en nada van beneficiar á clase traballadora.

“A CUT neste 10 de marzo fai memoria para defender o común, para dicir alto e claro que ser sindicato é defender o traballo, o pan e o teito, pero tamén a nosa natureza, a nosa lingua, a nosa historia e a nosa identidade.”

A CUT neste 10 de marzo fai memoria para defender o común, para dicir alto e claro que ser sindicato é defender o traballo, o pan e o teito, pero tamén a nosa natureza, a nosa lingua, a nosa historia e a nosa identidade.

“O capitalismo depredador non ten paraxe e farán o que estea nas súas mans para aldraxar a nosa terra e a nosa identidade. ALTRI é o mellor exemplo de colonización económica e a destrución da nosa lingua a demostración de que nos queren caladas.”

Amador e Daniel son os nomes dos compañeiros que morreron aquel 10 de marzo de 1972, pero con eles ía a conciencia de clase galega, e en nós están eles para camiñar cara á liberación da nosa clase e do noso pobo. Hoxe, en tempos de neofascismo e colonización española 2.0 non queda outra que a loita combativa contra este sistema porque o capitalismo depredador non ten paraxe e farán o que estea nas súas mans para aldraxar a nosa terra e a nosa identidade. ALTRI é o mellor exemplo de colonización económica; e a destrución da nosa lingua, a demostración de que nos queren caladas.

Se o pobo organizado quere, desta vez non pasarán; desta vez os mortos serán outros.

VIVA O 10 DE MARZO, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA!!!