A Xunta de Galicia foi o lugar elixido para a concentración que fixemos en Vigo na
memoria de Amador e Daniel. Foi un acto onde puxemos en valor os sacrificios de
quen fomos no pasado para gañar un futuro de emancipación da clase traballadora.
Só nas rúas e na mobilización permanente seremos quen de recuperar, manter e
gañar dereitos: a loita foi e é o único camiño. Seguimos caminando.