10 de marzo: a clase traballadora galega ten memoria

194

O día 10 de marzo estaremos na rúa para lembrar o 50 cabodano do asasinato de Daniel e Amador. Nun momento no que o ruído e as “bombas” mediáticas pretenden anular o pensamento crítico, faise máis necesario que nunca coller distancia co discurso dominante e pararse na reflexión e na crítica.

As rúas foron e serán sempre o lugar onde poderemos conquistar dereitos para a clase traballadora. O xoves día 10, ás 11 horas, estaremos diante do edificio da Xunta de Galicia na rúa Concepción Arenal de Vigo, e estaremos coa memoria dos nosos e co futuro das que virán.