Organizada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra), a manifestación partirá ás 12h das Alamedas de Marín e de Pontevedra e rematará diante da factoría de ENCE.
Dende a Central Unitaria de Traballadoras chamamos a todas as galegas a acudir a esta cita para rexeitar tanto a pasteira de ENCE instalada en Marín como a macrocelulosa que pretende instalar a multinacional ALTRI en Palas de Reis.
Celulosas fóra de Galicia!
Nin Ence na Ría nin Altri na Ulloa!










