Espiríto Represor en Psa Vigo

Espiríto Represor en Psa Vigo

Hoxe mércores 15 se reincorpora ao seu posto o traballador sancionado por facer uso do desfrute "dos días de montaxe". O seu delito? Ser afiliado da CUT

34

SI!; a CUT ten un sancionado, que se reincorpora hoxe ao seu posto de traballo, despois de cumprir a condena imposta pola Dirección da Empresa de suspensión de emprego e soldo de sete días. Con isto agardamos dar satisfacción aos que polos talleres utilizan aos nosos/as sancionados/as para sementar o medo entre os/as traballadores/as, e deste xeito quizais xustificar o seu inmobilismo sindical, ou desviar a atención do realmente importante.

Cal foi o seu delito?.

Facer uso dun “día de libre disposición de montaxe”. Achacáselle desobedecer unha orde da súa xerarquía quen di terlle negado o día de permiso.

No ano 2016 este mesmo traballador tivo problemas para ao longo do ano coller os días de desfrute individual que ten, xa sexa por Convenio, ou polos “días de Montaxe”. Nunca lle viña ven darllos nin  ao seu Encargado, ao Xefe de taller, nin ao RPH. O 12 de Xaneiro remitiuse un escrito ao xefe de persoal de PSA Vigo en nome da CUT e do traballador, indicando os días seleccionados para o seu desfrute no ano 2017, co fin de que non se lle puxesen os habituais problemas no taller e se contase con suficiente antelación a súa ausencia.

Tanta foi a presa por sancionar ao traballador, que incluso vulneraron os dereitos que recolle a Lei Orgánica de Liberdade Sindical, impoñéndolle a sanción antes dos tres días para alegar na súa defensa dos que dispón o sindicato.

Porque se lle sanciona?

Entendemos esta sanción como unha represión empresarial para coa CUT.

A Dirección esta doente co sindicalismo que realiza a CUT. Que lle quede claro a Dirección que a CUT non cambia, nin cambiara “cromos”.

Non gusta a Dirección da empresa o sindicalismo activo na defensa dos traballadores/as, un sindicalismo que a empresa non controle e tutele non é do seu agrado.

A CUT ven de co-convocar tres xornadas de folga polas cargas de traballo en Montaxe 15/06, 14/10, 21/10  polas condicións dos ritmos de traballo na fábrica.

E de presentar dúas demandas nos xulgados:

               1ª Desconto póliza AXA.  Seguimos interesados en saber quen se queda cos cartos dos/as traballadores/as que decidiron rescatar o seu plan de xubilación, +/-700€ por traballador/a. Da data do xuízo daremos coñecemento a plantilla, e alí veremos a que acordos chegou Axa e Psa sobre os cartos dos traballadores/as, e quen se queda cos cartos?

                 2ª. Cláusulas abusivas na contratación eventual. Cláusulas que van mais ala que a lexislación permite, que son abusivas e atentan contra os dereitos dos/as traballadores/as. Pedimos a anulación de ditas cláusulas.

Que son os “días de Montaxe”?

           O 16 de xuño de 2003 a maioría sindical do Comité de empresa asinou o        “ Acordo sobre a Organización e Pausas nas Liñas de Montaxe”. Este acordo puña fin: ao de novembro de 1995 que regulaba as paradas colectivas por necesidades fisiolóxicas, e aos 10 minutos que dende o 95 se viñan tendo para “mexar”. Pasouse de 30 minutos + bocadillo en paradas aos 22 +bocadillo actuais. Incrementándose a produtividade en 10 minutos por quenda.

Como compensación e so para os traballadores/as que en ese momento estaban en Montaxe se incrementou a súa cualificación de posto e polo tanto o salario, e a maiores ofertaron varias alternativas: 500€/ano brutos, 3 días de libre disposición /ano, ou saír de Montaxe ( a escoller).

Que son os “días de convenio”?

           O Artigo 16 do Convenio Colectivo recolle que todo o persoal                                 (independentemente do tipo de contrato) ten dereito a dous dias anuais de permiso retribuídos.

Como actúa a empresa?

           A practica á que se esta habituando a empresa e usar os “días de permiso retribuído” como un arma de chantaxe, si colaboras…, si velas…., si es obediente… Se usan para premiar co seu desfrute e/ou para castigar.

Se reducen os efectivos nos talleres e logo se alega que non se poden dar os días de permiso.. que xa se lle concederon a outro compañeiro/a.., ou que alguén esta de baixa no modulo.. etc.

O que esconde é unha intencionalidade e mala fe da empresa nun intento de condicionar o uso e desfrute dos poucos dereitos que nos quedan.

 A CUT seguira co seu Sindicalismo sen Ataduras, lle guste a Dirección ou non.