Nota informativa sobre a Folga en Psa Vigo

Nota informativa sobre a Folga en Psa Vigo

A FOLGA esta convocada para todos os sábados de outubro e novembro.

186

CUT e CIG vimos de convocar xornadas de folga para os sábados de Outubro e Novembro como medida de protesta tras a última oferta da Dirección da empresa e a súa proposta de esperar tres meses para analizar a situación das altas cargas de traballo que están ocasionando tantas baixas i enfermidades.

Os estudos realizados por ambos sindicatos denunciando os postos sobrecargados, seguen tamén aínda sen resposta, nin da Dirección, nin dos sindicatos que conforman esa Paritaria de Tempos (SIT, UGT, CC.OO). A súa falla de tratamento xa é en si mesma unha negación do problema e unha falla de RESPECTO aos traballadores/as que aínda padecen as consecuencias.

Onde está esa reactividade e sensibilidade da Dirección ante un problema?? Aos traballadores/as nunca se nos regalou nada. Sempre foi a unidade de loita a que nos levou a conquerir parte das nosas peticións. Unha vez máis, se queremos que a Dirección corrixa de maneira efectiva e inmediata as altas cargas de traballo dos repartos, o único camiño que nos queda é facer fronte común, pero todos e todas sen excepción.

A Folga é unha ferramenta que poñemos a vosa disposición.

 

 

 

Que esperamos da Folga?

Aos que non estades obrigados/as a vir as xornadas do sábado: Soamente esperamos a vosa solidariedade para que as cargas de traballo non sigan penalizando silenciosamente a vosa saúde. Non renunciedes a que as condicións de traballo e o salario en Embutición, Ferraxe, Pintura e Montaxe volvan ser dignos. Non fagades horas extras, nin en sábado, nin pola semana.

Aos que estades obrigados/as a recuperar saldos de Bolsa de Horas: Decídelle aos Representantes dos Sindicatos non convocantes desta Folga que aí teñen os postos para que durante un día comproben por eles/as mesmos si as medidas que trouxo a Dirección melloraron as cargas de traballo.

O Grupo ven de garantir o futuro da Fábrica. Os/as Representantes dos traballadores/as temos que ser quen de garantir que os homes e mulleres que conformamos a plantilla formemos parte dese futuro.

Únete a Folga!, NON sexamos cómplices