Reunión coa Dirección de Psa Vigo

Reunión coa Dirección de Psa Vigo

281

Continua a Conflitividade en PSA Vigo polas altas cargas de Traballo

O proceso produtivo a volta das vacacións comezou o 21 de Agosto, e ata o día de hoxe 29 de Setembro, a empresa non se dignou a convocar aos sindicatos. Para tratar este tema nun “petit comité”. Figuraba entre un dos puntos da orde do día, “ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL”. Entre os convocados figuraba toda a Dirección de Montaxe, polo que intuíamos que finalmente abordariamos as cargas de traballo en Montaxe. (Anexo 1).

Celebrada a xuntanza: a Dirección non aporta solucións reais que reduzan as altas cargas de traballo, so modificar certas cuestións organizativas para industrializar mellor o K9, pero nunca para reducir as cargas de traballo que considera son totalmente asumibles polos/as traballadores/as. Unha falta de RESPECTO para coas peticións dos traballadores/as, que colma a paciencia.

Outubro quente: Ante a insensibilidade da Dirección da empresa, e da palabra dada polo Director para abrir un período de negociación coa parte social, a CUT neste vindeiro mes faremos varias accións de denuncia e protesta dentro e fora da fábrica, comezando este vindeiro Luns con asembleas de bocadillo en conxunto coa CIG, non descartando calquera acción sindical, como as xa levadas a cabo no mes de Xullo. Os/as traballadores/as decidiran a contundencia das medidas.

Despois da conflitividade polas cargas de traballo que nos levou a varias manifestacións e unha Folga ó Sábado 15 de Xullo, obrigouse ao Director da fábrica de Vigo a baixar a falar cos sindicatos, apelou ao dialogo entre as partes. (Dirección de RR.HH e sindicatos). Manifestaba naquela xuntanza, que despois do período vacacional teríase que abordar toda esta problemática.

Unha vez rematado o período vacacional, tanto a CUT como a CIG, realizamos varias enquisas de cargas de traballo no taller, octavillas, pegada de faixas e cartaces no exterior da fabrica ca frase – ABUSOS + RESPECTO, así como asembleas de bocadillo cos/as traballadores/as . Recollida e análise dos repartos. Denunciamos perante a empresa e da comisión paritaria ade tempos os postos que están sobrecargados. ( Anexo 2- 3) Incluso advertiamos na última asemblea celebrada a semana pasada, que de non tratarse as cargas de traballo en Montaxe antes do final deste mes e ante a pasividade da empresa, non dubidariamos en comezar accións como as xa realizadas no mes de Xullo, incluíndo a Folga.

Vehículo 13 millóns: No día de hoxe, tamén estabamos convocados unha representación sindical por parte da Dirección, para sacar a foto dos 13 millóns de vehículos fabricados. Rematada a xuntanza que estabamos convocados, as partes acudiriamos a fin de liña en Montaxe; a zoa final de montaxe onde se comercializa o coche, para sacar unha foto en conxunto Dirección- Sindicatos, e unha representación de traballadores/as doutra quenda, xa que as cadeas non ían a parar por este feito. Ante a convocatoria do acto, tanto a CUT coma a CIG, solicitámoslle no día de onte por escrito o Director, que se premiase a plantilla cun pequeno descanso a maiores no día de hoxe. A nosa petición non foi escoitada. (Anexo 4).

A Dirección o remate da xuntanza, e xa expoñendo na mesa a CUT que a conflitividade polas cargas de traballo iría en aumento no mes de Outubro, optou por medo a non sacar a foto dentro da fabrica, sen previo aviso ao Comité, e con nocturnidade e ca complicidade do Presidente do Comité de Empresa do (SIT), decidiu sacar a foto foras das portas da fabrica, coa única representación sindical de dito presidente, para evitar posibles actos de protesta.. (Anexo 5). Outra falta de RESPECTO da empresa para cos/as traballadores/as e cos seus representantes.