Mañan: Reunión sobre Montaxe en Psa Vigo

Mañan: Reunión sobre Montaxe en Psa Vigo

Oportunidade da Dirección de Psa Vigo para amosar o RESPECTO para coa plantilla.

39

Logo de facer público os datos das abusivas cargas de traballo nas que se atopan un volume importante de postos na M-1, levamos a cabo Asembleas de Bocadillo en Montaxe para expor a situación actual na que nos atopábamos en relación ao Compromiso da Dirección cos/as Traballadores/as de Montaxe.

Nesa Asemblea deixamos claro cando menos C.I.G. e CUT, que non estábamos dispostos a permitir que a Dirección incumprira o compromiso adquirido trala folga do 15 de Xullo, e si o 29 de Setembro a Dirección non viña a Montaxe, sería Montaxe quen iría a Dirección. Como paso previo a adoptar outras medidas, solicitámoslle unha xuntanza a Directora de Montaxe, como ao Director do Centro.

Pois ben, na tarde de onte se nos fixo chegar un correo electrónico convocándonos “en Petit Comité” a unha reunión para este venres as 10:15 da maña na que, entre outros puntos aparece “ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL”.

Tendo en conta o Participantes por parte da Dirección nesa Reunión comprobamos como a dita xuntanza están convocados a Directora de Montaxe, o Responsable da M-1, o Responsable da M-2, Director de Loxística, Coordinador de Produción e Loxística, … Polo que, desta vez, todo apunta e que se vai falar de Montaxe. Agora despois desta longa espera, agardamos que as melloras que nos propoñan cumpran coas demandas dos/as traballadores/as de Montaxe.

Casualmente, o Venres, tamén estamos convocados a facer a foto do Vehículo 13 Millóns as 12 da maña en Fin de Liña-Montaxe. Segundo a Dirección para realizar esa foto prevén entorno a 10 minutos.

Dende a CUT e  a C.I.G., sendo este un acto onde se pretende inmortalizar ese momento no Centro, no día de hoxe fixemos entrega dun escrito a Dirección onde lle solicitamos:

“Sendo este un acto conmemorativo para o Centro, os/as traballadores/as que desempeñan o seu posto de traballo nas Liñas de Produción, tamén deberían dispoñer duns minutos de respiro a maiores dos descansos establecidos como xesto a ese esforzo e sacrificio que supuxo acadar esa cifra.

Tanto para a CUT como para a C.I.G., os principais protagonistas desa conmemoración, son os/as traballadores/as.