O albergue Seminario Menor “La Asunción” despide e incumpre o convenio provincial

O albergue Seminario Menor “La Asunción” despide e incumpre o convenio provincial

150

A empresa (Hoteles Encantados s.l.) responsábel da xestión do Albergue, propiedade da igrexa, en Santiago de Compostela, despediu ao noso compañeiro Cedric mentres estaba en período de baixa laboral.

Como a meirande parte dos centros de hostalería da cidade, imcumpre a normativa básica do Convenio Provincial de A Coruña (aboo de horas nocturnas, compensación de horas extraordinarias, disfrute de festivos, vacacións, calendario laboral…).

O máis sangrante nesta ocasión é que o empresario gastou o diñeiro que aforraba en non pagarlle ás traballadoras e aos traballadores no cumprimento do Convenio para contratar un detective, e así, espiar ao traballador mentres estaba no período de baixa.

Unha das principais actividades económicas da cidade é un nicho de empresarios que actúan con total impunidade , soberbia e avaricia, deixando un regueiro de precariedade no sector.

A CUT aposta pola unidade de acción para darlle a volta a todo isto e convida ás traballadoras e aos traballadores a reflexionar e actuar canto antes para frear a esta patronal sen escrúpulos.

A loita é o único camiño!