Loitando pola Readmisión de Néstor en ITG (Frigolouro Porriño)

Loitando pola Readmisión de Néstor en ITG (Frigolouro Porriño)

Compañeiros/as da CUT acudimos as portas da empresa FRIGOLOURO a reclamar a READMISION DE NESTOR.

284

Ás portas de ITG Frigolouro (Porriño) concentrouse un nutrido grupo de traballadoras e traballadores en defensa da readmisión do compañeiro da CUT Néstor Gómez, despedido da empresa logo de 15 anos ao seu servizo.

Nun día desapracíbel e de choiva que arrefriaba os pes e as cabezas, pero non os ánimos, alguén berraba “hai que mollarse”, pois sí, “queren queimarnos, haberá que mollarse”, e así, entre militantes da CUT, veciñas e veciños do Porriño e aquelas e aqueles que ao saíren da súa quenda de traballo se ían achegando, apoiando, buscando a calor dos corpos, da unión e sobre todo da solidariedade, aguantaron o chaparrón.

Entre todas e todos os que se ían concentrando xurdían aínda comentarios sobre máis problemáticas que existen dentro da empresa. As traballadoras e os traballadores comezan a estar fartos.

Unha vez mais o esforzo valeu a pena, compensado sobradamente ao escoitar a Néstor nun discurso emotivo que non esqueceremos. Deunos as grazas, pero só nos queda dicir, grazas a tí, Néstor, polo esforzo, por aguantar.

Repartíronse 800 panfletos informativos diante das portas da empresa:

“O meu nome é Néstor, Levaba 15 anos traballando en Industrial Tripera Gallega. Unha empresa que fai a súa actividade dentro de Frigolouro, supervisada por Frigolouro e dependente de Frigolouro. É por iso, porque todo ten que ver, e porque todo está relacionado. Esta empresa o sabe, ITG, o sabe, e tí tamén o sabes.

Esta é unha empresa que paga mal e tarde, moi tarde, acumulando meses de salarios, facendo horas gratis, tendo dispoñibilidade ao seu antoxo, e agora, xa dun tempo a esta parte, cun trato cada vez máis insufrible.

Hai que traballar, sí, pero todo ten un límite. Quén se cren que son?, temos que axeonllarnos? ou que traballamos na mellor empresa do mundo?

Unha empresa como outra calquera, onde no gustan de xente que fale de dereitos, non gustan de xente que diga NON, prefiren o SÍ a todo, non gustan de sindicatos nin de delegadas/os, non gustan en definitiva de DEMOCRACIA, non gustan sequera de traballadoras e traballadores, prefiren escravas es escravos, medosos e medosas e agradecidos e agradecidas.

É por isto polo que me despiden, non é por nada mais, é por unha cuestión ideolóxica para demostrar quen manda, aproveitando a nosa debilidade, o noso medo.

E por todo isto, porque somos compañeiras e compañeiros de clase, por que estamos no mesmo lado da barricada, é polo que chamo a vosa atención, para que esteades preparadas e preparados, porque a cousa non vai quedar aquí.

E vos, todas vos, teredes que decidir en que lado vos ides poñer, do lado dos explotados e explotadas ou dos EXPLOTADORES?”

Alguén escribeu un día:

 

CANDO FORON A POLOS NEGROS NON DIXEN NADA, POR QUE EU NON ERA NEGRO.  

  

CANDO FORON POLOS XUDEUS  NON DIXEN NADA,  POR QUE EU NO ERA XUDEU. 

 

CANDO FORON POLOS COMUNISTAS, TAMPOUCO DIXEN NADA POR QUE NON ERA COMUNISTA.

 

LOGO, VIÑERON POR MIN,  E  NON QUEDABA NINGUEN PARA PODER DICIR ALGO.

NÉSTOR READMISIÓN

Voltaremos!!!!!