Noxo no Baño E1 en Psa Vigo

Noxo no Baño E1 en Psa Vigo

Denuncia polo lamentable estado e abandono do Baño E1

27

Asunto: Baño masculino Nave E.

Queremos por en coñecemento de este Servizo o lamentable estado de conservación e limpeza do baño masculino situado na nave E. Situación que leva meses arrastrándose.

Ditas deficiencias xa foron postas en coñecemento do Servizo de Prevención e Saúde Laboral en varias ocasións, sen que se tomara ningún tipo de medida correctora.

Os traballadores que empregan ese baño, vense na obriga de convivir con urinarios atascados, tubeiras rotas que desbordan ouriña o chan, e dende fai uns días secamáns inutilizados. Sen esquecernos de que este baño soamente se limpa nas quendas de día, a pesar de que nesa zoa se traballa nas tres quendas.

Non é a primeira vez que nos vemos na obriga de dirixirnos a este Servizo de Recursos Humanos, para denunciar a falla de limpeza e mantemento das instalacións, que padecemos no día a día @s traballadores/as.

En base o anterior; SOLICITAMOS:

Que busquen unha solución as deficiencias denunciadas.