II Encontro de Mulleres: recoñecer o emprego do fogar e de coidados

II Encontro de Mulleres: recoñecer o emprego do fogar e de coidados

112

Este domingo 17 celebramos a segunda xornada de encontro, debate, formación e creación de alianzas organizada pola Secretaría das Mulleres e aberta á participación de afiliadas e delegadas de todas as comarcas. Será de 11 a 14hs no CSC de Sar en Compostela.

A programación inclúe a presentación e debate de propostas xurdidas no encontro anterior e na parte formativa abordarase a situación do emprego do fogar e de coidados da man de compañeiras do sector.

A ideia é ir recollendo chaves sobre como facer unha acción sindical con perspectiva feminista acorde ás necesidades de sectores altamente feminizados como o emprego do fogar e servizos en xeral.

Tamén ir dando forma ás ideas e propostas que sairon en anteriores reunións e encontros para, coa vista posta no VI Congreso, marcar o camiño a seguir pola Secretaría das Mulleres.

Agardámoste!