Xuntanza Petit Comite Psa Vigo

Xuntanza Petit Comite Psa Vigo

150

PINTURA:  A dirección de pintura, dentro da organización industrial, veu a dar contas das ultimas modificacións realizadas neste taller, que non son outras que establecer unhas condicións de traballo  +/- asumibles para os/as traballadores/as desta zoa sen ter que soportar as altas temperaturas e queimar as mans ao entrar carrocerias a mais de 45º polos primeiros postos. E o venden como unha mellora social!.

PRODUCCIÓN: Repunta a M1,  a empresa establece novas modificacións nos horarios previstos, e nós días de adecuación:

HORARIOS:

FERRAXE Sistema 1 Sistema 2
 

T. Noite B9

L a V: 7h 18min

D: 7h 42min o 10/09 e 01/10 /

7h 51 min o 17 e 24/09

 

——

Sábado mañá 8h ——
 

FER B78 (TB)

 

——

S. 36 e 38: 6h 04min

S. 37 e 39: 5h 56min

FER M3M4 S. 36 S 37 S 38 S. 39
Equipo 1 4h 8h 8h 4h
Equipo 2 8h 4h 7h 20min 8h
Equipo N L a V: 7h 20min

D: 4h 57min

L a V: 7h 20min

D: 6h 29min

L a V: 4h

D: 6h 29min

L a V: 7h 20min

D: 4h 57min

MONTAXE Sistema 1 Sistema 2
 

Equipo de noite

7h 48min ——
Sábado mañá 8 h ——
 

Quenda B – Sistema 2

 

——

S. 36 e 38: 6h 21min

S 37 e 39: 6h 15min

Sábados laborables extra: 09 e 30 de setembro para o S1

Domingos noite extras:10, 17,24 setembro e 1 de outubro.

Quenda noite traballa o festivo 12 de outubro e descansa o venres 13.

ADECUACIÓN:

S1: 30 E 31 de Outubro

S2: 23,21,25,26,27,30,31 de Outubro. O dia 13 de outubro esta pendente de confirmar si se para ou se traballa.

Folga da Limpeza (CLECE): Ante unha pregunta da parte social, se a mesma podería ter impacto na nosa produción, a Dirección mostra o seu nerviosismo con esta convocatoria de folga. Critica ou mostra a súa desconformidade coa nota repartida pola CUT en apoio a este colectivo, a pesares de non ter representación e non ser convócante da folga  nesta empresa.

O nerviosismo seguramente radica, e así no día de onte novamente lle advertimos a Dirección, que no caso de que algún traballador/a de PSA por orde da Dirección de PSA, ocupe un posto externalizado, e neste caso con mais “inri”, de traballadores/as folguistas, vulnerando un dereito fundamental como é o de folga, seria motivo de denuncia. E Deste tema a Dirección por vulnerar dereitos fundamentais, vai servida por sentencias xudiciais.

ROTACIÓNS: No punto de rogos e preguntas, a CUT fíxolle saber a Dirección, que non estamos dacordo que o taller de Montaxe, por orde da Dirección, estableza as mesmas con carácter obrigatorio, e mais sen negociar os termos cos sindicatos.

A rotacións vendese polo taller, como unha mellora social dende un punto de vista de cambio entre postos mais castigados fisicamente, por outros que non o son. A realidade no taller e outra, porque a veces as rotacións establécense entre postos nos cales realízanse as mesmas posturas forzadas, co único obxectivo de xestionar o taller a carta.

Un sistema de rotacións entre postos, ten que estar aprobado e consensuado co servizo medico/servizo de prevención, e os representantes dos/as traballadores/as, sendo valoradas as diferentes posturas de cada posto, para que non sexan repetidas no posto susceptible de rotar. Teñen que estar tasados os horarios, e cada traballador/a debe ter coñecemento en todo momento dos horarios, e no suposto que sexa necesario modificar os EPIS ou camiñar unha distancia significativa entre postos, establecer un tempo dentro da xornada para elo .

Que sucede no taller? Os postos rótanse con outros con posturas igualmente forzadas, sen criterios ergonómicos. Os horarios de cambio entre postos quedan a criterio do encargado, en función moitas veces das ausencias do taller, ou son utilizados para cubrir outras. Dentro do tempo de descanso cada traballador/a que rota: é obrigado a coller os EPIS do novo posto de destino, e para desprazarse ao mesmo. Cando o escaso tempo de descaso é unicamente para necesidades fisiolóxicas, non para dar satisfacción ós caprichos de encargado e da empresa. A maior afondamento, as persoas que roten, ao ter que saber mais dun posto,( máis stress, máis responsabilidade) deberan gozar dunha compensación económica.

Estas son as propostas que a CUT puxo enriba da mesa: A Dirección quere pasar de puntillas, e impoñer un novo sistema organizativo, a custe CERO.