Realidade do emprego en Psa Vigo

Realidade do emprego en Psa Vigo

Os datos non enganan. As cifras si.

448

A 31/08/2016, a plantilla do Centro ascendia a 5.596 traballadores/as, fronte a media dos 5.300 que temos na actualidade. Polo tanto seguese a reducir plantilla.

Non debemos esquecer que temos un ERE aberto na factoria de extinción para 400 traballadores/as que remata ainda a 31 de Marzo de 2018, polo que a plantilla a pesares da contratación dos últimos meses, como diciamos segue descendendo.

Clarificar que o motivo polo cal estase contratando xente non e por un aumento de cadencia, ou polas nosas demandas que ainda non foron escoitadas, que nos esta levando a realizar accións de protesta polas cargas de traballo. Nin polo incremento das ventas.

No ultimo Convenio Colectivo, foi asinado a denominada “excedencia de verano”, polo cal aqueles traballadores/as que desexen por conciliación familiar acollerse a este plan, poden solicitar unha execedencia de 3 meses no verán para o coidado de fillos/as que entren na idade que a lei establece na lexislación vixente.

A excedencia comeza dende o 15 de Xuño ata o 15 de Setembro, de ai que nestes meses teña que contratarse persoal para cubrir estes postos.

A súa vez non esquezamos que os/as traballadores/as da quenda de noite veñen traballando dende o comezo de ano 6 días sobre 7, ou sexa case todos os Domingos, polo que para non incurrir nun fraude de lei, teñen que darlle días de descanso, polo que realizouse contratación para establecer un sistema rotatorio de descansos, pero tanto na quenda de noite como nas quendas do día.

Ningun dos contratos realizados en PSA Vigo ao persoal eventual da cadea e de 8 horas dende fai anos, todos son contratos a tempo parcial, polo cal teñen que regularlle en todo momento as horas que realizan para como diciamos non incurrir nunha ilegalidade (que incurren habitualmente). Traballadores/as a carta, que baixo ese método de contratación teñen a obriga para que non se pasen de horas de darlles descanso, polo cal a contratación que estase a realizar e para os seus relevos e por non realizar contratos acordes a xornada que realizan.

E dicir, estase mediante o ERE eliminando postos de traballo de 8 horas na maioria dos casos, e salarios cunha certa antiguedade e consolidados, para contratar xente ca categoría de formación (16.880€ brutos ano dividido en 14 pagas) e a tempo parcial, que non chegan aos 900€ netos mes por unha xornada de 8 horas día e 40 semanais.

Ser mileurista en PSA Vigo é unha utopia que so esta reservado a quen poida facer e aguantar as horas extraordinarias, que case é unha obrigatoriedade onde o incremento neste ultimo ano foi alarmante. Con dous traballadores/as realizando 12 horas diarias cubren as tres quendas (maña, tarde e noite). Esas son as xornadas laboráis que lles agardan os eventuais, para non realizar máis contratacións.

E dicir, contradictorio e seguir mantendo un ERE aberto pagado co erario publico as súas prestacións, e simultáneamente beneficiarse das bonificacións das contratacións realizadas que non ten outra explicación que abaratar os custes de man obra directa, para aumentar o marxe de beneficio por vehiculo fabricado. Nestes días tamén alguns medios fixeron eco desa noticia. A maxia do señor Tavares radica en seguir apretando aos de abaixo.

O motivo de ter que recurrir a empresas de traballo temporal, e abrir incluso a oferta fora de bisbarra de Vigo, é entendible e radica en que nos últimos tempos, son moitos os traballadores/as eventuais que ante as xornadas maratonianas, e salario que perciben, abandonan a empresa antes de rematar o seu contrato de traballo. Alguns frustados polo esforzó e pouco salario que perciben, e outros por problemas médicos ou de saúde polos altos ritmos e fatiga mental e física.

Como entender que nunha comarca con tanto desemprego como a de Vigo, non teñan cubertas as súas demandas de emprego, e teñan que recorrer fora da mesma.

Con estas empresas buscan ter unha bolsa de selección amplia e incorporación inmediata, para cubrir precisamente estas ausencias imprevistas que cada vez son mais habituais.

No sector da automoción a fabrica de PSA Vigo, e a que ten as condicions de traballo mais duras, e a que peor salario paga aos traballadores/as eventuais, polo que a tendencia vai cara as auxiliares, no lugar da empresa principal como anos atrás sucedia.

O único sitio onde se esta obrigando a crear emprego PSA,  é no norte de Portugal, derivado da presión que exerce ás auxiliares para abaratar custes……