As Vitorias Teñen Cen Pais, As derrotas Son Orfas

As Vitorias Teñen Cen Pais, As derrotas Son Orfas

94

Nas asembleas conxuntas de bocadillo, dixemos alto e claro “OU FALAMOS DAS CARGAS E RITMOS DE TRABALLO da fabrica, OU NON FALAMOS!.

A CUT asumiu dito compromiso diante dos/as traballadores/as, por iso no día de onte decidimos non asistir a xuntanza do pleno Comité de Empresa. O Director pediu dialogo trala folga, enganándonos para gañar tempo, pero non iamos a consentir que o fixeran de novo cando había un compromiso de tratalo o pasado Venres.

A Dirección no día de onte parece ser que escenificou tanto na xuntanza celebrada do pleno do Comité pola maña, como na Paritaria de Tempos e Rendementos pola tarde, que ao vir das vacacións abordará as problemáticas da fábrica, e crearanse postos de traballo. Dicimos parece, porque os que estiveron na reunión din que o dixeron tan baixiño que algún nin o escoitou. Iso si, van falar sen calendario, sen compromisos, pero os/as traballadores/as a día de hoxe seguen asumindo unha carga excesiva nos postos de traballo.

Van dar algún caramelo, pero sen solucionar o problema real de fondo, deste xeito pretenden calmar as augas revoltas, non vai ser que os traballadores/as comecemos a darnos conta da forza que temos se estamos unidos. Se unha parte importante do Comité, e de traballadores/as fomos quen de que a Empresa fixera un movemento, que fariamos se todos/as nos uniramos. Aínda que desta loita que ten nome e apelidos, sempre ai quen pretende ser o seu pai como unha vitoria súa. Os “INVIGILANTES” e o AMARELO brazo sindical da Empresa, quen dende a pasividade nas súas notas o conquerido por un grupo numeroso de traballadores/as que a súa dignidade superou o medo imposto pola Dirección e os seus cómplices. A empresa fixo un movemento, pero para a CUT resulta insuficiente.

A VOLTA DAS VACACIÓNS QUE SE PREPAREN OS QUE PEDIAN DIALOGO

– Inspección de Traballo: Fai “Advertencia e Requirimento” por escrito a PSA Vigo tras varias denuncias presentadas, algunhas delas pola CUT. Denuncias pola falla de limpeza na fábrica, incluíndo o feito de que os WC´s non se limpen na quenda de noite; así como a negativa da Empresa a dar participación dos/as representantes dos/as traballadores/as en todo o que afecta a saúde dos mesmos.

Advertencia : En relación as condicións de traballo que afectan a quenda de noite. Requirimento: Para que se garanta o cumprimento das obrigacións da empresa en materia de información e consulta aos representantes dos traballadores/as.

– Venres 28, “CONCENTRACIÓN e MANIFESTACIÓN”:  Aproveitando a concentración dos/as compañeiros/as da limpeza (CLECE), a CUT participara en dita mobilización para a súa vez seguir denunciando -ABUSOS da Dirección de PSA, e +RESPECTO. XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES.

– 235.102 coches fabricados no primeiro semestre deste ano, un 3% menos que no 2016, PERO fabricados con menos plantilla.

Se confirma un incremento da produtividade por operario/a. A menos traballadores/as, mais produción. A Menos Salario, mais palmadas no lombo; igual a maiores beneficios.

– Póliza AXA: Despois dos moitos atrancos tanto de PSA Vigo como da aseguradora AXA, xa dispoñemos da Póliza número 55126475.

Unha vez recibida a nosa asesoría xurídica, xa pode iniciar o proceso contra a quita de 721€ practicada pola empresa. De todo o que aconteza neste tema, vos seguiremos informando.

– Nova Industrialización de Ferraxe: No mes de setembro porase en marcha unha nova organización de traballo no ferraxe do M3-M4, consistente en tres quendas variables de traballo. Os monitores (CIM) pasaran a facer tamén funcións de mantemento preventivo das instalacións, polo mesmo salario.

A preguntas da CUT, que por un lado se propoñía un aumento de funcións debe levar aparellado un incremento económico dos CIM, e que vai pasar co persoal de mantemento que realizaba ditas funcións, a Dirección non contestou (voltou a empregar a TECNICA DO AVESTRUZ). Menos mal que a adxudicación de vehículos e as dúas liñas ían asegurar traballo.

Boas e merecidas vacacións, cargade as pilas que as necesitaremos a volta. Unha aperta