ARBEIT MACHT FREI

ARBEIT MACHT FREI

“O traballo vós fará libres” -Frase que figuraba na entrada dos campos de concentracións Nazis- Di o director de PSA Vigo: " Que somos uns privilexiados". Aos traballores e traballadoras ninguén nos regalou nada! Nota conxunta de CUt, CIG e CCOO repartida en Psa Vigo. 19 de xullo

64

Durante mes e medio os sindicatos CUT, C.I.G. e CC.OO, obedecendo o mandato dos/as traballadores/as tentamos negociar coa Dirección da Empresa. En todo este tempo a Dirección NEGOUSE A NEGOCIAR: impedindo a mediación do AGA, pechando os ollos ás reclamacións do Taller, negando que os postos se estean a realizar en condicións de sufrimento extremo. Esta Dirección lle faltou o respecto a Plantilla tratándoa con desprezo, recortándolle dereitos e salarios, sobrecargando nos seus ombreiros a responsabilidade de traballar coa calidade que piden os clientes pero sen tempo para facer as operacións.

Que pasou o sábado 15 de Xullo, día da FOLGA?

.- Un grupo moi numeroso dixémoslle a Dirección: Non somos escravos. Somos traballadores/as. Trátanos con dignidade e respecto. Temos carga de traballo e proxectos designados, pero como traballadores/as TEMOS FUTURO nesta Planta?.

.- Outro grupo díxolle a Dirección: Fai de nós o que queiras. Danos un café, unha palmada no lombo e unha promesa…

Monitores da Quenda de Noite, da Quenda A, da B, do proxecto, eventuais con apenas unha semana de contrato, incluso os que fan os nosos repartos… Todo valía para semellar normalidade nas Liñas de Produción o pasado Sábado 15. Pagáronse centos de horas por estar a durmir nas UEP´s, almorzos, para cubrir o posto dos folguistas, sen importar a calidade, …A cuestión era NON RESPECTAR A FOLGA.

Apesares de todo ese esforzo da Dirección económico, de presión, chantaxes, etc… Foi precisa a xornada de folga para que o Director baixara do seu despacho a PEDIR DIÁLOGO SOCIAL.

Porque baixou o Director?

Como entender que despois de todo ese custe realizado as Liñas non arrancaran a primeira hora, traballara durante a xornada con deficiencias, tivera problemas evidentes de calidade,…e inda por riba perderan produción (mais de 80 vehículos).

Si agora o Director pide diálogo non foi grazas aos que se mostran agradecidos ca palmada nas costas, ou a quen pedía abertamente non colaborar coa Empresa, e “susuráballe” nas orellas aos seus afiliados/as que viñeran a traballar.

 Sr. Director:

Os/as traballadores/as que nos manifestamos e defendemos os postos de traballo con dignidade nunca tivemos privilexios. Sempre tivemos as categorías mais baixas, ninguén nos regalou nada. O que gañamos foi a conta do noso suor, esforzo e sacrificio.

             Agora queren dialogar. DIALOGUEMOS, non imos ser nos quen poñamos paus nos radios, pero PARA ACADAR SOLUCIÓNS as demandas dos/as traballadores/as. É o momento de asentar as bases das condicións laborais nos postos de traballo.

 Nin C.I.G., nin CC.OO., nin CUT imos permitir que sigan dilatando mais no tempo as necesidades básicas dos/as traballadores/as. Ou nesta semana convocan unha reunión para falar desta problemática e adquirir compromisos, ou a rúa volverá escoitar os/as traballadores/as de Citroën loitando polo seu futuro.

                                                               Diálogo si, pero con respecto

Asembleas de bocadillo nas tres quendas, Montaxe 1-2, Nave S, -Ferraxes (Enfermaría e area nave H)

Vigo, 19 de Xullo de 2017