Recursos inhumanos: un thriller sobre o desemprego e a desesperación

Recursos inhumanos: un thriller sobre o desemprego e a desesperación

40

Recursos inhumanos
Pierre Lemaitre
Alfaguara Editorial
Título orixinal. Cadres noirs
390 páxinas


Pierre Lemaitre naceu no París de 1951 e no ano 2013 fíxose co afamado Premio Goncourt (2013). A súa experiencia na narrativa policíaca precédeo. Con Recursos inhumanos, a súa nova narración, dalle unha reviravolta perspicaz á súa traxectoria para tomar pola man un temática esencialmente actual: a traxedia do desemprego.

Durante a lectura un abrocho de tremor faise connosco: como raios consegue que empaticemos cun responsable de Recursos Humanos que agora é un desempregado de longa duración? Non son acaso estes representantes empresarias parte da repugnante traxedia dos EREs, os ERTES e outros calvarios diversos?. É máis, como podemos chegar a empatizar case ao descoido cun tipiño que fundamenta a súa traxectoria vital na conducta utilitaria, o maltrato e a manipulación? Cada quen coas súas contradicións.

Boa proba de que paga a pena lelo é o propio comezo da novela, que remite ao inicio de Il Gattopardo“Nunca fun un home violento. Non me vén á memoria ningún momento no que quixese matar a ninguén. Si que tiven arroutos de ira de cando en cando, pero nunca a vontade real de facer dano. De destruír. Así que, claro, estou sorprendido. A violencia é como o alcol ou o sexo: non se trata dun fenómeno, é un proceso. Entramos neles case sen notalo, simplemente porque estamos maduros, porque nos chegan no momento xusto. Dábame perfecta conta de que estaba enfadado, pero nunca imaxinaría que aquilo se transformaría en furia desapiadada. E é iso o que me dá medo”.