“A perspectiva dende a porta” e a narrativa prohibida

“A perspectiva dende a porta” e a narrativa prohibida

21

A perspectiva desde a porta

Patricia A. Janeiro
Ed. Edicións Positivas,
2009 | Narrativa

Patricia Janeiro naceu no 1978 na cidade de Compostela coa que seica que mantén unha relación de amor-odio. Esta novela do 2009 que pemanece irreverentemente actual tensionou á crítica no momento da súa saída do prelo: polo que sexa ou ben as historias de amor ou ben o independentismo armado (non nos decidimos) son temáticas proscritas e de “mal gusto”.

Sexa como sexa, Patricia Janeiro empréstanos os fíos dunha historia de amor e vida que Nadia, avogada, debe tecer. Xaora percorrendo as convulsas augas do seu matrimonio, xaora fuxindo para atrás na súa árbore xenealóxica florecida de antepasados militantes e faltos de decoro a partes iguais ou xaora defendendo a un independentista preso polo feito de o ser; a protagonista ten a imperiosa necesidade de rebelarse contra o pautado. Unha narración que contando e ficcionando parte da nosa historia como país fixo a máis dun remexerse na cadeira como presa dos furunchos debe, sen dúbida, lerse con entrega e dedicación.