MOTIVOS DA CONVOCATORIA DE FOLGA

MOTIVOS DA CONVOCATORIA DE FOLGA

Nota repartida o 7 de Xullo a toda a fabrica cos motivos que nos levan a convocar Folga en PSA Vigo

160

“OUTRO PASO MÁIS” NA DEFENSA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

Hoxe presentase diante da Administración e da Empresa a convocatoria de FOLGA para o vindeiro sábado 15, folga de 24h dende as 6 da mañá. Para todas as quendas e para todos os sistemas. Convocada por CCOO, CIG e CUT.

A esta folga están chamados a participar todos os/as traballadores/as indistintamente do posto ou quenda de traballo, abrangue a todo o persoal de PSA Vigo. A participación nela non vai supoñer ningún custe económico para os traballadores que prestan os seus servizos habitualmente nas quendas A e B. Xa que xeran 30 días de salario traballando 20 días ao mes. Afectara economicamente a aqueles encadrados en quendas de fin de semana.

A FOLGA é un dereito constitucional.

A FOLGA é unha ferramenta legal (das poucas) que temos a clase traballadora para defendernos dos abusos da patronal. E debemos usala ferramenta para a defensa dos nosos intereses na mellora das condicións laborais ou para impedir o seu empeoramento.

A FOLGA como último recurso, despois de mais dun mes pedíndolle a Dirección da Empresa que se sente a negociar e ante os “oídos cegos” da Dirección, non da outra opción que convocala como medida de presión.

Os motivos nos que apoiamos a folga son:

As abusivas CARGAS E RITMOS DE TRABALLO (aumento da actividade e operacións) que se pretenden establecer nas Liñas de Produción e cuxa consecuencia carrexa:

  • Un desequilibro produtivo ante o non cumprimento do respecto das composicións.
  • Prexuízos físicos e mentais a hora de afrontar traballos que superan o tempo ciclo establecido no reparto.
  • Problemas para desempeñar o posto de traballo garantindo a calidade que se esixe.
  • Escaso tempo de descanso ao longo da xornada para afrontar o alto ritmo de traballo.
  • Actuación de mala fe da empresa ao non querer garantir a creación de novos postos nas Liñas para repartir e equilibrar mellor o traballo.
  • A presión psíquica acha os traballadores/as por parte da Xerarquía para desempeñar o posto ao 100% apesares das dificultades que elo representa.
  • Incremento de enfermidades derivadas da actividade laboral.

Durante o Conflito : “ Colaboración coa empresa debe ser 0”

“ Di, NON as horas extras”

Que Facer? e Como? cando..

E si teño que vir a traballar para recuperar saldo de bolsa de horas?

O dereito a Folga é superior a esa obriga!

E si non teño que vir a traballar obrigatoriamente?

Senón ves.. Apoias aos compañeiros/as e a ti mesmo/a.

Si ves.. Estas tirando pedras contra o teu tellado e contra os teus compañeiros/as

Si me preguntan si vou facer folga ou non?

Non tes obriga de contestar. Si te obrigan a contestar están incorrendo nun delito!

Son eventual, que fago?

A folga tamén esta convocada para defender os teus intereses e a túa saúde!

Poden sancionarme por facer folga?

Non poden, facela é un dereito Constitucional.

E si me piden que veña a contraturno?

A lei recolle a obriga de mediar 12h entre o remate da xornada e o inicio da seguinte. (aínda que veñas voluntario/a). Dentro das obrigas do empresario esta o cumprimento da Lei.

Pode a empresa cubrir os postos dos folgistas?

Non, non pode, facelo vulnera a Lei. O Tribunal Superior de Galicia, condenou recentemente cunha multa de 50.000€ a PSA Vigo pola substitución de folgistas e vulneración do Dereito a Folga.