Nota repartida en Psa Vigo 4 xullo

Nota repartida en Psa Vigo 4 xullo

Que é o AGA? Un organismo “imparcial”  formado por patronal e sindicatos creado para mediar en conflitos de orixe laboral.

72

Compañeiros/as:

As tres Centrais Sindicais CCC.OO, C.I.G. e CUT, queremos resaltar que, ao igual que nas Asembleas de Bocadillo, na Concentración/Marcha deste sábado, unha vez mais fixestes ver que, a vosa decisión É FIRME.

En primeiro lugar queríamos darvos as grazas por facer visible o voso descontento co abuso e falla de respecto da Dirección neste incremento de produción.

En segundo lugar, informarvos que, o AGA, esta pendente de que o FSI-SIT e UGT acepten a súa mediación. Unha decisión que, de apoiar a solicitude de C.I.G., CC.OO e CUT, desvelaría si a Dirección estaría disposta a reconsiderar as necesidades dos traballadores/as ou continuar con este conflito en solitario.

Desta vez, UGT e SIT-FSI, non poden alegar que non queremos levar este conflito pola boas. Si toda a Representación sindical comparte a necesidade de que interveña o AGA,  claro está, que a Dirección terá moito mais difícil seguir a diante coa suba en cadencia sen ter en conta as demandas dos traballadores/as.

Agora esta no tellado da UGT e SIT-FSI si comparten a apertura dun proceso negociador coa Dirección, co AGA como mediador neste conflito.

Namentres se deciden si apoian a Dirección ou as demandas dos/as traballadores/as, tanto CUT, CC.OO e C.I.G seguimos adiante coa segunda fase deste primeiro paso. Que este Sábado 8 VOLUNTARIAMENTE os/as traballadores/as do Sistema 1 non acudan ao traballo. Realizaremos medidas mais contundentes.

Escrito enviado a Dirección de Psa Vigo onte 3 de xullo