A máis represión, máis solidariedade e desobediencia!

A máis represión, máis solidariedade e desobediencia!

206
Imaxe cedida por: Galiza Contrainfo

A CUT co CSOA Escárnio e Maldizer

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras solidarízase coas persoas que están a ser represaliadas por mor da súa participación nas manifestacións de apoio que se sucederon en Compostela a raíz do interesado desaloxo do centro social Escárnio e Maldizer. Rexeitamos esta escalada represiva enmarcada na putrefacción do corrupto sistema capitalista, que pretende inocularlle medo á clase traballadora para que cese nas súas reivindicacións.

A CUT considera que o despexo do Escárnio, a brutalidade policial, o anuncio da imposición de centos de sancións administrativas ás manifestantes e a detención doutras, son unha cortiña de fume, orquestrada e fabulada polas cloacas do Estado e os mercenarios ao seu servizo, para criminalizar movementos sociais que poñen en entredito institucións, como a propiedade privada e a mercantilización da cultura, que constrúen xeitos alternativos de organizar as nosas vidas e as nosas cidades, máxime nestes momentos de descomposición descarada do seu sistema no que se foron armando alternativas políticas inéditas.

Rexeitamos esta escalada represiva enmarcada na putrefacción do corrupto sistema capitalista, que pretende inocularlle medo á clase traballadora para que cese nas súas reivindicacións.

A Central Unitaria chama á solidariedade e á rebeldía como primeira e permanente resposta. Defendemos unha vez máis a urxencia de artellar entre todas, con xenerosidade, unha unidade popular real, en constante movemento, reflexión, debate e construción de alternativas, viva e na rúa, que renegue dos teitos e dos marcos legais que nos están a impoñer, para darlle ao capitalismo patriarcal a resposta contundente que merece.