Asembleas M1 20 de xuño

Asembleas M1 20 de xuño

Texto leido nas asembleas celebradas en M1 o 20 de xuño, en PSA Vigo co motivo da suba da cadencia en montaxe

96

As tres Centrais Sindicais, na maña de onte mantivemos unha reunión en aras de analizar as novas propostas feitas pola Dirección sobre a suba de cadencia na M-1 o pasado venres:

.- Paralizar o suba de cadencia ata o vindeiro luns 26

.- Incrementar 6 postos na Liña (UEP 12; UEP13; UEP15, UEP33; 2 na UEP35)

.- Liberar a 6 Monitores (UEP11; UEP15; UEP30; UEP32; UEP33; UEP34)

.- Incrementar 3 Minutos a parada das 12:25 (na quenda de maña) das 20:25 (na quenda de tarde e das 4:00 (nas quenda de noite). Solo na semana do 26/06 ao 2/07.

.- Prevén mellorar entorno a 81 postos para o mes de Xullo e mellorar as composicións.

A postura de CC.OO., CUT e C.I.G. perante a Dirección e o Responsable de Fabricación da M-1 (Sanuy) foi clara… Reconsideren as demandas dos traballadores/as da M-1 e melloren as propostas que aquí se nos presentan.

No día de onte, e apeares de conseguir que a Dirección paralizara a medida ata o vindeiro luns, entendíamos que o compromiso acadado polas tres Centrais Sindicais perante os/as traballadores/as da M-1 non podía quedar en papel mollado.

De aí que, a C.I.G., CC.OO e CUT nos presentamos perante a Dirección de RR.HH da Fábrica e a Dirección de Montaxe para expoñerlle os seguintes puntos:

.- O incremento do descanso se ten que manter namentres dure a nova cadencia.

.- Garantir un mellor equilibro nos Repartos:

1º) Reducir as cargas de traballo nos postos que teñan coches que superen o tempo ciclo.

2º) Garantir que o incremento dos postos na Liña de Produción se manteña namentres dure esta suba en cadencia

.- O compromiso de manter un horario completo de 8 horas na Quenda de Noite namentres dure esta nova cadencia.

Hoxe a CUT, C.I.G. e CC.OO volvemos a estar aquí novamente ( nas asembleas) pero desta vez para rendirvos contas de como están as negociacións:

En relación ao descanso están dispostos garantir un incremento de 2 minutos a maiores dos que temos a día de hoxe na penúltima parada.

Sobre o horario da Quenda de Noite o garanten.

Pero no que respecta a reducir as cargas de traballo se xustifican que para iso incrementan 6 monitores libres a mais. É dicir en lugar de crear mais postos nas Liñas prefiren liberar monitores algo do que as tres Centrais Sindicais non compartimos.

Para nos a liberación dos Monitores non garante a redución das cargas. Pero entendemos que a última palabra a tedes vos. De aí que vos plantexamos….: Estades de acordo en que se liberen 6 monitores por Quenda en lugar de crear mais postos??? Decide si ou non….que se escoite

Pois ben este é o talón de aquiles nestes momentos!

Dende a C.I.G., CC.OO e CUT entendemos que non estamos a pedir imposibles. Estamos a reclamar cuestións factibles que corrixan as desmesuradas cargas de traballo as que nos atopamos expostos.

Sabemos que os problemas de Montaxe non se van a arranxar da noite para a maña pero, temos que comezar a facer camiño, dar pasos de cara a unhas condicións de traballo dignas e xustas para todos e todas.

Nesta travesía o tempo é relevante pero o que realmente e importante é que camiñemos xuntos. De aí que as tres Centrais Sindicais lle queremos mandar un ultimato a Dirección.

..Ou acordamos o número de postos a crear nas Liña para rebaixar as cargas de traballo en lugar de tanto monitor libre antes do luns 26 ou no mes de Xullo os Traballadores/as de Citroën sairemos a rúa. O compartides?

Os/as traballadores/as da M-1 fostes quen de romper o medo e impoñer a ilusión por defender conxuntamente unha suba de cadencia onde a opinión dos homes e mulleres de Montaxe M-1 estivera en primeira liña.

Defendámola. Freemos a avaricia desta Dirección. Que coñezan como responden os traballadores/as de Montaxe M-1 ante as inxustizas. Unidos e cunha soa voz.