“Levar a crianza a unha xuntanza non é conciliar”, reportaxe no Novas...

“Levar a crianza a unha xuntanza non é conciliar”, reportaxe no Novas da Galiza

183

O xornal Novas da Galiza vén de publicar unha reportaxe chave na que a compañeira Raquel Lema, Secretaria da Unión Comarcal de Compostela da CUT, a compañeira Marga Corral, Secretaria Xeral das Mulleres da CIG e a avogada Sandra Garrido esmiúzan os problemas que a conciliación da vida laboral, persoal e familiar ten para as mulleres dentro do propio sindicalismo de clase, cunha visión crítica segundo a que “non existe por parte dos compañeiros nin por parte dalgunhas compañeiras” esta visión porque “estamos en organizacións patriarcais”. Un toque de atención para os sindicatos que debullan unha alternativa da que as mulleres teñen necesariamente que facer parte e para o que “temos traballo que realizar”.

Tres sentenzas chave para as mulleres.

Ao tempo na reportaxe as compañeiras explican as recentes sentenzas que condenaron ao Corte Inglés por acoso sexual, da man da letrada da acusación Sandra Garrido; a condena por vulneración do dereito á igualdade contra a CRTVG da man da Secretaria da Sección Sindical da CUT na CRTVG Raquel Lema, e a batalla e coraxe da compañeira Nélida Pisco, enfrontada á dirección de Hedegasa (Autobuses Calo) nunha situación de acoso e indefensión agravada pola actitude de moitos compañeiros, da man da súa compañeira de sindicato Marga Corral.