Ata o 40 de MAIO …

Ata o 40 de MAIO …

79

1º. ELECCIÓNS SINDICAIS DALPHI (TRW) METAL PORRRIÑO.

A CUT presenta candidatura por primeira vez neste Centro, sendo a segunda forza mais votada.

A CUT avanza como sindicato alternativo no sector da automoción, (TRW Vigo, TRW Porriño, Denso, Faurecia, Copo Ibérica, PSA Vigo, Maviva).

2º. DENUNCIA CC.OO.

O pasado 19 de Maio, recibimos na CUT a denuncia formal presentada no xulgado polo Secretario de CC.OO en PSA Vigo. O xuízo celebrarase o 17/07/17 no xulgado do social Nº1 de Vigo as 12h. Os xuízos son públicos, así que calquera traballador/a que queira coñecer a verdade de primeira man poderá asistir o mesmo.

3º. ACORDO SOCIAL

24.05.2017 | 02:02 farodevigo.es » Economía

PSA ha suscrito un documento en el que reitera su compromiso en materia de responsabilidad social con las organizaciones sindicales de España y Portugal.(SIT, UGT, CC OO y Sindel).                               (VER IMAXE NO INICIO)

Vendo o que esta acontecendo no día a día nesta fábrica nós preguntamos que entenden as partes por responsabilidade social. Se refiren as presións para “voluntariamente obrigar” a traballar o Domingo 28 de 21h a 22h. Algúns deberan facer exame de conciencia algunha vez, o que escriben ca man, o acaban borrando co cóbado.

4º. VISITA A FABRICA DE MANGUALDE (PORTUGAL).

O pasado Mércores 24, una representación do Comité de Empresa, tivemos a ocasión de visitar o Centro de Produción de Mangualde. A CUT solicitamos individualmente, o pouco de entrar no Comité, unha visita a este Centro. A dirección accedeu a nosa petición, pero acompañados do resto do Comité. Intercambiamos impresións cos compañeiros/as da Comisión de Traballadores/as (o equivalente o Comité). Sorprendeunos que a dirección de Portugal recoñecera que en PSA Vigo sae moito mais rentable fabricar un vehículo, que na fabrica de Portugal. Lembrades que no ATRACO salarial do 14 dicían que non eramos rentables?

Beneficios sociais coma en Madrid (lavado de roupa pola empresa en zoas de pintura e ferraxe), e comedor subvencionado por PSA, o traballador/a paga soamente 90 céntimos.

5º AXA.

A nosa asesoría xurídica deu traslado o xulgado dunha dilixencia preliminar, para que AXA aporte a póliza subscrita con PSA. Paso previo a presentación da demanda xudicial contra a quita de 721€.

Continuaremos informado das dilixencias e actuacións realizadas neste tema pola CUT.