Escrito a RR.HH

Escrito a RR.HH

A CUT constata presións da xerarquia para cos máis debiles, eventuais e quenda de noite.

200

RR.HH

PCAE S.A

Centro de Vigo

Sr. Pedro María                                       En Vigo, a 25 de Maio de 2017

                                                                                       

No día de hoxe, foinos comunicado por telefono a intención da Dirección da Empresa de modificar o horario de entrada da quenda de noite para o vindeiro Domingo 28 de Maio.

Onte pola noite, xa “sondearon” vostedes os talleres e os/as traballadores/as para ver a súa dispoñibilidade de entrar a traballar as 21h, no lugar das 22h, hora legal e establecida no Centro de entrada para a quenda de noite.

Segundo nos transmiten no día de hoxe, seria de carácter “voluntario”. Segundo nos consta a nós, os que non teñen disposición da “voluntariedade que pretende a Empresa”, pasan consultas ca súa xerarquía para que lle explique porque “voluntariamente” non quere vir. De igual xeito, “voluntariamente obrigan” tamén os/as eventuais da quenda do día a vir a cubrir os postos dos que non sucumban as presións.

Sobre este tema en cuestión, son varias a cuestións que quixeramos apuntarlle:

1º. As modificacións substanciais que afectan os/as traballadores/as aínda que queiran darlle o tinte da “voluntariedade”, teñen que ser negociadas cos representantes legais dos/as traballadores/as. Cumprir cos acordos de Empresa, e ca lexislación vixente, cando menos para esta Sección Sindical, non se da por cumprida ca chamada telefónica.

 2º. Chamar os Responsables de Persoal os/as traballadores/as que néganse a “voluntariamente” a vir a traballar de 21h a 22h, para que lle xustifiquen o motivo, é unha vulneración de dereitos fundamentais, e diso van vostedes ven servidos ante as ultimas e recentes sentencias xudiciais. De continuar co pretendido, esta Sección Sindical acudira novamente os xulgados.

3º. Para mais “inri”, recordarlles que o artigo 34 do E.T establece para a distribución irregular da xornada, que os preavisos sobre modificacións horarias deben ser comunicados aos traballadores/as cun preaviso mínimo de 5 días de antelación, que tampouco cumpre.

Señor Pedro María, xa esta ben de imposicións, presións, e de seguir vulnerando e pisoteando constantemente os dereitos dos/as traballadores/as. Se precisan garantir a produción,  deben facelo cumprindo cos acordos e a lexislación laboral vixente de aplicación no marco das relacións laborais.

Xa lle adiantamos que calquera traballador/a que pretende denunciar os feitos aquí expostos, gozara do respaldo desta Sección Sindical e da súa asesoría xurídica sexa pola vía penal, civil, ou laboral. E de impoñer o pretendido finalmente dende esa Dirección, seremos nós quen de oficio actuaremos ante o xulgado.