Escrito ao presidente do comite

Escrito ao presidente do comite

147

A/A

Presidente do Comité Empresa

Peugeot Citroën Automóviles España S.A

Centro de Vigo

  1. Antonio Rodríguez.

 

Asunto : Solicitude reunión do pleno do comité de carácter urxente.

Dende a CUT, solicitamos a convocatoria urxente do pleno do comité para debater varios puntos que ao noso entender afectan ao conxunto dos/as traballadores/as, e deben ter una posición contundente e clara por parte do órgano colexiado.

1º Aumento da cadencia en Montaxe previsto para o mes de Xuño:

A empresa comunicou na reunión do pleno do comité que ía estudiar as peticións feitas pola CUT da celebración dun pleno monográfico para tratar esta problemática. A súa vez daría información aos sindicatos dos estudos e medidas que esta levando a cabo para implantar esta medida.

A día de hoxe, non deu absolutamente traslado de nada. O incremento produtivo que pretende levar adiante a empresa é unha modificación substancial das condicións de traballo, e polo tanto o Comité debe emitir un informe ao respecto.

2º Modificación do horario de entrada da quenda de noite o Domingo 28 de Xuño:

A empresa comunicou telefonicamente a súa intención de abrir a quenda de noite as 21h, unha hora antes do previsto. Como sabes a quenda de noite por lei se establece que é a que vai dende as 22 as 6h. A quenda de noite nútrese de contratos a tempo parcial, onde teñen prohibido realizar horas extras. Aínda que se pretenda darlle carácter voluntario ao inicio da xornada as 21h, ao ser para todos os talleres  que afectan a M-1, estamos ante unha modificación substancial das condicións de traballo que debe ser negociada pola empresa, cousa que non fixo. Creemos que o Comité debe velar polo cumprimento dos acordos de Empresa, e non vulneración da lexislación vixente, e polo tanto temos a obriga de posicionarnos ante esta imposición da Dirección. .

3º Abusos Empresariais sobre os/as eventuais e traballadores/as da quenda de noite:

Temos noticias de eventuais, é indefinidos/as que están recibindo presións da xerarquía para someter aos traballadores/as da quenda de noite, así como os/as eventuais das quendas do día para que veñan a traballar o domingo 28 de 21 a 22h, vulnerando dereitos fundamentais, así como a lexislación vixente en materia laboral, e acordos asinados entre a Dirección e sindicatos.