CARA ou CRUZ, ti que elixes?

CARA ou CRUZ, ti que elixes?

55

A Dirección anuncia a través da revista Vigo-Semanal “Los Representantes de los Trabajadores firmaron, el 26 de abril, los 5 Compromisos de Seguridad y Salud para 2017” Se esqueceu a Dirección de mencionar que non asinaron tódolos representantes. A CUT NON ASINOU.
A dirección di: “Su firma por parte de los Representantes de los trabajadores muestra el compromiso de la plantilla con la Seguridad y la Salud y se suma al adquirido por el equipo de Dirección de la planta en esta materia”
Da ergonomía, dos altos ritmos, da adaptación de postos, da limpeza, da flexibilidade, da precariedade, da ocultación dos accidentes e as enfermidades profesionais; e de o resto de condicións de traballo que están repercutindo na nosa saúde, non din nada. Nin a dirección nin os “REPRESENTANTES DE LOS TRABAJADORES”
Para a Dirección, como di na súa revista, e supoñemos que para os asinantes dos 5S o único obxectivo válido é “cero accidentes i enfermidades profesionais”.
Obxectivo que a dirección trata de acadar sexa como sexa: ocultando accidentes, non recoñecendo enfermidades profesionais (xa coñecedes a historia da aspiradora) e desviando a Seguridade Social @s traballadores/as doentes.
Que vai pasar neste mes de maio cos Bonus Malos, tamén parte da representación vai estar coa dirección, e ratificar que nesta empresa se empregan medidas eficaces de prevención dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais?