1º de maio | O goberno do roubo, da desvergoña e da...

1º de maio | O goberno do roubo, da desvergoña e da corrupción túmbase na rúa

196

As últimas novas que asaltan as nosas vidas non son tranquilazadoras. De novo mentres as traballadoras e traballadores nos esforzamos en sobrevivir como podemos e entregamos as nosas vidas para o ben do lucro duns poucos a oligarquía española continúa o seu festín. Ignacio González ou o bufón de Marhuenda sumáronse nestes días á Santa Compaña dos Corruptos dunha burguesía que perdeu xa o mínimo xesto de decoro e que non se importa de ostentar dos seus roubos e do seu botín. Se o roubo e o saqueo son consubstanciais ao sistema capitalista agora mesmo estamos a vivir a versión máis vergoñenta e decadente dos festexos duns poucos á nosa conta.

Esta situación ten necesariamente que rematar. As traballadoras e traballadores coñecemos ben á miseria á que nos queren condenar e sabemos que hai outra saída Fronte a un sistema criminal: democracia popular. Fronte ao roubo e ao saqueo: redistribución. Non se trata de mudar cores e colares. Trátase de transformalo todo. Cómpre organizar dende a base, dende as rúas e coa arma da unidade popular unha contestación social que pare ao monstro. 

Este primeiro de maio é un primeiro paso nun camiño de batallas que non será doadas. A mobilización deste 1ro tenos que servir como motor para recuperarmos o roubado. Para obrigarlles a que nos devolvan o roubado. Para poñernos á fronte da recuperación dos nosos dereitos, pero non a través das pregarias, senón a través do traballo activo por retomar o que é noso. Saimos polo pan, o traballo, o teito e a liberdade. Por #UnPaísQueSeMove vémonos nas seguintes manifestacións.

MANIFESTACIÓNS:

? Ourense (12h) na Ponte Romana.

? Vigo (11h) na Praza de Fernando o Católico.

? Compostela (12.30h) na Porta do Camiño.

? A Coruña (12.30h) na Praza de Pontevedra.

? Cangas (18 h) da Alameda.