ASÍ NON Calor- Frío

ASÍ NON Calor- Frío

47

QUE DI A LEI?
“A exposición ás condicións ambientais dos lugares de traballo non debe supoñer un risco para a seguridade e a saúde dos traballadores.
Así mesmo, e na medida do posible, as condicións ambientais dos lugares de traballo non deben constituír unha fonte de incomodidade ou molestia para os traballadores.”
QUE ACONTECE EN PSA-Vigo?
Se fai frío no exterior pasamos frío nas naves, e se fai calor abafamos nos talleres.
Cando fai frío, os traballadores/as temos que enfundarnos en capas de roupa coa incomodidade que supón, as veces ata con dúas chaquetas
E cando fai calor a Empresa emprega o chamado “protocolo de actuación en época calurosa”.
Protocolo imposto pola Dirección que non é suficiente para paliar os incomodidades que padecen @s traballadoras/es a causa das altas temperaturas. Dito protocolo esta obsoleto, tanto as condicións climatolóxicas externas, coma a compactación de talleres e o incremento nos ritmos de traballo mudaron dende aquela.
A CUT QUE PROPON?
Tal é como fixemos chegar por escrito ao Servizo de Prevención e Saúde Laboral, o 29 de xuño de 2016, solicitamos:
• que se convoque unha reunión extraordinaria do Comité de seguridade e Saúde para entre tod@s construír un protocolo mais acorde cos tempos.
• que namentres, sexa FLEXIBLE na aplicación do actual protocolo, igual que se nos exixe @s traballadores/as. Repartir auga @s traballadoras/es, non cremos que condicione a competitividade nin o futuro da planta. Unha botella de auga pequena, podémola atopar nun supermercado por menos de 20 céntimos de euro.
• que dentro do plan de modernización da Planta, se dediquen cartos a unha mellora nas instalacións de climatización. Non podemos aspirar a converternos na fabrica 4.0, cunhas instalación de calefacción e refrixeración de mediados do século pasado.

A Saúde é cousa de tod@s e de tódolos días

Dende a CUT, somos conscientes de que a Dirección non vai frear voluntariamente a busca obsesiva da rendibilidade industrial que esta danando a nosa saúde. Os afectados, os traballadores e traballadoras, temos que mostrarlle o noso descontento, se queremos que a Dirección mude as cousas. Esta en xogo a nosa saúde e o noso futuro laboral.

Falamos da ergonomía, da adaptación de postos, dos ritmos de cadea, da limpeza, da  flexibilidade, da precariedade, en definitiva de todas as condicións de traballo que repercuten na nosa saúde.

O día 28 de abril celebrase o Día Mundial da Seguridade e Saúde no traballo, ese día A CUT xunto cos traballadores/as da Limpeza convocámosvos a unha manifestación que vai percorrer a Avda. de Citroën, dende as 12:45 ata as 13:30. Manifestación que finalizara cunha concentración na Portería Principal ata as 14:30.

Ese día seguiras precisando o ibuprofeno, a faixa, a muñequeira ou os ansioliticos igual cos demais días de traballo, pero aló menos poderás deixar de laiarte nas maquinas de café, nos vestiarios ou con cartas; para dicirlle alto é claro a Empresa que non aguantas mais.

Todos e todas temos a oportunidade de facer visible o descontento. Sen siglas e sen bandeiras. Todos e todas temos a ocasión de dicirlle a esta Dirección: ASÍ NON.

TI ONDE VAS ESTAR O 28 DE ABRIL?