A limpeza é saúde

A limpeza é saúde

56

QUE DI A LEI?

Os lugares de traballo, incluídos os locais de servizo, e os seus respectivos equipos e instalacións, limparanse periodicamente e sempre que sexa necesario para mantelos en todo momento en condicións hixiénicas adecuadas.

QUE ACONTECE EN PSA-Vigo?

A política de recortes do GRUPO, esta repercutindo nas condicións hixiénicas do Centro de Vigo. Mentres a Dirección gaña millóns o lixo rodea @s traballadores/as da fábrica.

Chegando nestes momentos a atoparnos ante unha situación de insalubridade non coñecida nesta factoría, e que ó noso xuízo, incumpre o recollido na Lei. Incumprimento que a CUT xa denuncio na Inspección de Traballo.

A empresa CLECE, responsable da limpeza, para cumprir coas condicións económicas impostas por PSA cada vez conta con menos traballadores/as:

  • Os WC´s non se limpan na quenda de noite. Feito que temos denunciado na Inspección. Si se traballa en tres quendas, porque soamente se limpa en dúas?
  • Menor frecuencia nas limpezas dos vestiarios. Como demostra a presenza de moho nas duchas. Chegando en ocasións a baleirarse as papeleiras unicamente. En PSA Madrid, dependente da mesma Dirección, este pasado verán limpáronse e desinfectáronse todas as taquillas.
  • Os aéreos e as eslingas levan anos sen limparse, antes se aproveitaba a parada vacacional para efectuar unha limpeza a fondo de ditas zonas. Agora a merda depositada é esparcida por toda a fábrica e literalmente, tragada polos traballadores/as.
  • As ventas dos tellados non se limpan.
  • As limpezas técnicas non se realizan, como a da Illa Allon
  • As UEP´s non se limpan.
  • As papeleiras e cinceiros non se baleiran ata que rebosan desperdicios.
  • As naves soamente se limpan a fondo cando hai visitas.
  • Os filtros da auga potable de cafeteiras e fontes, acumulan un “poso” noxento no interior. 
  • Os sistemas de aspiración nas zonas de ferraxe non se limpan, e a veces nin existen. O fume de soldadura contén contaminantes que poden danar as vías respiratorias, os pulmóns e o sistema nervioso e ata provocar cancro. A falla de limpeza e mantemento fai que partículas potencialmente perigosas sexan respiradas polos traballadores/as.

Estas situacións e outras similares as sufrimos no día a día na fábrica. Sen que a Dirección faga nada por mudar esta insostible situación, a pesar das continuas denuncias da parte social.

A CUT QUE PROPON?

Posto que nos atopamos nunha situación de emerxencia, solicitamos que se revisen con urxencia tódalas gamas de limpeza. Falamos dunha revisión na que participen os representantes dos traballadores/as.