Chapela defenderá a dignidade laboral en Pescanova

Chapela defenderá a dignidade laboral en Pescanova

95
Os pasados días 29, 30, 31 de marzo e 1 de abril tivo lugar a mediación no conflito aberto entre a representación da empresa e a representación das traballadoras e traballadores.
Unha das condicións que estableceu a maioría sindical (USO, UGT, CIG, CUT) foi que as negociacións se produciran arredor de dúas mesas. Durante as catro xornadas tratáronse os tres puntos en conflito: flexibilidade, salarios e categoría de entrada. A parte social a máis imaxinativa e activa na mesa, pero na madrugada do sábado para o domingo levantouse a negociación sen acordo algún. A mediación acordou emprazar ás partes a que envíen unha nova proposta en sobre pechado o martes día 11 de abril. Serán as mediadoras as que decidan cando convocar de novo a mesa coa intención de chegar a un acordo.
Este pasado sábado 7 de abril celebramos unha nova asemblea no multiusos de Redondela onde as traballadoras foron informadas de todo o proceso e das ofertas que hai encol da mesa. A asemblea transmitiu o seu convencemento de que imos gañar este convenio con determinación e firmeza, propuxo novas medidas de mobilización en caso de non chegar a acordo algún, e transmitiu tamén a determinación de prepararse para un conflito longo no que serán respaldados pola parroquia de Chapela coa convocatoria dunha manifestación veciñal o xoves día 20 de abril.