Saúde Laboral

Saúde Laboral

A saúde é cousa de todos/as

49

Este mes celébranse dúas datas relacionadas coa SAÚDE:

  • 7 de abril Día Mundial da Saúde
  • 28 de abril Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo

Coa escusa desas datas, a Dirección, desenrolara algún tipo de campaña informativa, así como algún acto protocolario con ilustres invitados traídos para a ocasión.

Outra vez coma sempre a Dirección vai celebrar estes días sen contar cos traballadores e traballadoras, tal vez “utilice” a algún traballador/a coma decorado na fotografía de rigor. Pero sen preocuparse realmente pola saúde dos mesmos, sen importarlle mais aló dos índices de absentismo as nosas condicións físicas e mentais.

Dende a CUT cremos que a estas alturas non é necesario contar as penas que supoñen traballar nesta fabrica, todos e todas xa sexa en primeira persoa ou por compañeiros/as padecemos secuelas físicas e mentais polo noso traballo diario.

Ibuprofeno, ansiolítico, sesións de fisioterapia, faixas dorsais, muñequeras, e un longo etc; enchen as taquillas dos talleres. Taquillas en teoría para os EPI´s pero que co tempo e o empeoramento das condicións de traballo mudaron ata converterse en boticas improvisadas.

Mentres a Dirección segue a sacarse fotografías e darse palmadas nas costas polo ben que coida da nosa saúde, nos os que facemos coches, as que permitimos co noso traballo que o GRUPO PSA gañe millóns de euros, imos rompendo unha tras outra sen que ninguén faga nada.

Este mes temos dúas datas especiais nas que os traballadores e traballadoras podemos e debemos recuperar o protagonismo, dúas datas o 7 e o 28, nas que tod@s nós temos que dicirlle a esta dirección ASÍ NON.

Temos que aproveitar para poñer o foco sobre as consecuencias negativas para a nosa saúde, que provocan as condicións de traballo impostas pola dirección durante tódolos días do ano.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Organización Internacional do Traballo (OIT) consideran a Saúde Laboral como:

“A rama da saúde que busca manter o máximo estado de benestar físico, mental e social dos traballadores en todas as ocupacións, protexelos dos accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.

En suma, adaptar o traballo ao home/muller.”

Dende a CUT, iniciamos con este panfleto unha campaña publica de denuncia e busca de solucións aos problemas da SAÚDE. Se compartimos que a problemática é común a tod@s os traballadores/as a resposta debe ser  conxunta.